Museo Galego da Marioneta
O Museo Galego do Xoguete e a Marioneta, inaugurado en outubro do 2001, e albergado, dende o 13 de decembro de 2014, no Pazo de Liñares,[1] é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Lalín e compañía de monicreques Viravolta, que aproveita este espazo permanente para mostrar a súa colección de marionetas (máis de 300 pezas) e para fomentar o gozo, estudo e recuperación da arte dos monicreques. O museo amplía cada ano o seu fondo documental coa incorporación de novas pezas, libros, vídeos e outros materiais sobre esta materia.
Museo Galego da Marioneta | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | museo ![]() | |||
Tema principal | monicreque ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 2001 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Lalín | |||
Parroquia | Prado | |||
Lugar | Liñares ![]() | |||
País | España ![]() | |||
Localización | Pazo de Liñares ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Descrición
editarNo ano 1998, con motivo do 15 aniversario da primeira estrea como compañía de monicreques de Viravolta, realizouse unha exposición conmemorativa no Museo Municipal de Lalín, que foi o punto de partida para a creación da Casa do títere, onde o concello exerce a titularidade e as compañías Viravolta e Seisdedos son as encargadas da súa xestión.
O Museo Galego da Marioneta mantén unha programación estábel, organizando talleres de iniciación, cursos para profesionais dos monicreques e da educación e mostras de teatro de marionetas como Titirientroido, Titirideza e Cantos e Contos de Nadal
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Museo do Xoguete e a Marioneta". Turismo de Lalín.