Manuel Rubén García Álvarez

médico e historiador galego
(Redirixido desde «Rubén García Álvarez»)

Manuel Rubén García Álvarez, nado en Ribadavia o 17 de xuño de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 1980, foi un médico e historiador galego.

Manuel Rubén García Álvarez
Nacemento17 de xuño de 1915
Lugar de nacementoRibadavia
Falecemento12 de febreiro de 1980
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e historiador
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Medicina en Madrid. Volveu en 1942 a Ribadavia para encargarse da loita contra a tuberculose na comarca do Ribeiro. Interesouse pola historia de Galicia e do Norte de Portugal. Colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos, Zephyrus e Revista de Guimarães. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia (1962) e da Real Academia Galega (1967). Recibiu o Pedrón de Ouro en 1969 e o título de socio das Sociedades de Língua Portuguesa.

ObrasEditar

  • Catálogo de documentos reales de la Alta Edad Media referentes a Galicia, 714-1109, 1967.
  • Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media, 1975.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar