Francisco Comesaña Rendo

médico e político galego

Francisco Comesaña Rendo, nado en Cienfuegos (Cuba) en 1913 e finado en Tui o 16 de xaneiro de 1997, foi un médico e político galego.

Modelo:BiografíaFrancisco Comesaña Rendo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor en Wikidata
Cienfuegos, Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xaneiro de 1997 Editar o valor en Wikidata (83/84 anos)
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAscensión Concheiro García Editar o valor en Wikidata
FillosFrancisco Javier Comesaña Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4886

Traxectoria

editar

Fillo de emigrantes tudenses, regresou a Galicia con seis anos. Estudou en Tui e despois Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1931 coñeceu á que sería a súa muller Ascensión Concheiro García, estudante de Maxisterio. Afiliouse ás Juventudes Socialistas, das que foi secretario xeral, e trala fusión coas Juventudes Comunistas, foi presidente das Juventudes Socialistas Unificadas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa de Ordes e foi detido en Compostela. Foi encarcerado na Falcona, nos baixos do Pazo de Raxoi. En decembro iniciouse o Consello de guerra no que foi condenado a morte por rebelión militar xunto a outros quince compañeiros o 22 de decembro. Foi tamén sancionado en concepto de responsabilidade civil con 500.000 pesetas. Ao ter nacionalidade cubana, a súa familia comezou as xestións para lograr o indulto. O mesmo día 11 de febreiro de 1937, cando foron fusilados os seus compañeiros, concédenlle o indulto. Foi trasladado á cadea da Coruña, onde permanece ata 1939, e despois foi enviado ao sanatorio penal Porta Coeli da serra de Valencia. En 1941 casou por poderes con Ascensión Concheiro García. Foi trasladado á prisión de Vigo, onde foron agrupados todos os presos de orixe cubana. Revisado o seu proceso, foille rebaixada a condena de trinta anos a seis anos e un día, e saíu en liberdade condicional en agosto de 1943. Retomou o seu traballo como médico e prestou apoio sanitario a escapados e á guerrilla. En 1944 exiliouse coa familia en Cuba.

 
Reunión dos participantes do 1º Congreso da Emigración Galega. Sentados de esquerda a dereita: Alberto Vilanova, Xerardo Álvarez Gallego, Vicente Gómez Paratcha, Alfonso Díaz Trigo, Xavier Bóveda, Rafael Dieste e Laxeiro. De pé: Francisco Comesaña Rendo, Ramón de Valenzuela, Lois Tobío Fernández, Eduardo Blanco Amor, Xosé Velo, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Luís Seoane, Marcial Fernández Vázquez, Xosé Núñez Búa, Emilio González López, María del Carmen Soler, Mariví Villaverde e Antonio Baltar. Buenos Aires. 1956.

Na illa comezou unha campaña antifranquista, e na Habana naceu o seu primeiro fillo, que foi apadriñado polo seu camarada comunista e amigo Julian Grimau. Recibiu unha oferta de traballo en México en 1947,[1] onde os exiliados tamén reclamaban a súa presenza e decide instalarse en Cidade de México ocupándose da dirección médica dun laboratorio farmacéutico e participando con outros médicos nun hospital. En México participou en actividades do exilio, foi fundador do Padroado da Cultura Galega, e publicou en Vieiros un artigo titulado "Cavilando..." sobre a celebración do Día da Patria Galega. Aínda que a súa muller viaxou periodicamente a Galicia para visitar a súa familia, Francisco non retornou definitivamente ata 1976 instalándose en Tui, na casa familiar de San Bartolomeu. Regresou cunha saúde delicada, logo de varios infartos, agravada cunha doenza respiratoria, a pesar do cal mantivo unha intensa actividade. Morreu en Tui o 16 de xaneiro de 1997.[2]

Francisco Comesaña inspirou ao novelista Manuel Rivas para o personaxe do doutor Da Barca na súa novela O lapis do carpinteiro.

  1. Ficha en Secretaría de Gobernación de México
  2. La Voz de Galicia, 17-1-1997, p. 49.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar