Vicente Gómez Paratcha

avogado e diplomático galego

Vicente Segundo Eliseo Fernando Gómez Paratcha, nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de abril de 1893 e finado en Río Ceballos (Arxentina) o 8 de xullo de 1961, foi un avogado, xornalista e diplomático galego.

Modelo:BiografíaVicente Gómez Paratcha

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1893 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xullo de 1961 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Río Ceballos, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, diplomático, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsLaureano Gómez Paratcha Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Galega Universal
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BUSC: gomez-paratcha-vicente-1893-1961

Traxectoria

editar

Irmán de Laureano Gómez Paratcha. Alumno de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, titulado en 1917 foi presidente da da Juventud Maurista de Vilagarcía, e implicouse na Junta de Defensa desta cidade na que tamén militaba seu irmán Laureano. Fundou en Vilagarcía de Arousa a Agencia Arosa, colaborou en Galicia Nueva e foi redactor-xefe e despois director de Heraldo de Arosa. Foi membro fundador das Irmandades da Fala e participou nas campañas agraristas. Emigrou a Cuba nos anos vinte, onde se fixo famoso como letrado e asesor de varios consorcios azucreiros. Despois pasou ao Perú, onde colaborou en El Tiempo, Ecuador, Panamá, Venezuela e, logo dun retorno fugaz a España, coincidindo coa proclamación da República foi director da revista de cinematografía Sparta. Revista Técnica de la cinematografía (1934) con Pedro Lagrava Laplaza de xerente. Despois foi nomeado agregado da embaixada no Perú.

Cando estalou a guerra civil foi expulsado de Lima, acusado de comunista. Instalouse na Arxentina, onde casou con Nelly Casco, viúva doutro matrimonio, adoptando as súas fillas, Delia e Susana Casale. Neste matrimonio tivo os seus fillos Vicente, María Mercedes e María Cristina. Traballou na compañía de seguros La Franco Argentina. Fundou e dirixiu a revista Franco Viva. Formou parte da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) e da Agrupación de Intelectuales Demócratas Españoles. Pronunciou un discurso na Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires en 1956 no acto en conmemoración do Estatuto de Galicia de 1936. Formou parte da organización do I Congreso da Emigración Galega en xullo de 1956 e impartiu conferencias sobre a obra do Padre Feijoo e Sebastián Martínez Risco.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar