Laureano Gómez Paratcha
Laureano Gómez Paratcha, nado en Vilagarcía de Arousa o 30 de agosto de 1884 e finado en Barcelona o 9 de abril de 1968, foi un médico e político galego.
Laureano Gómez Paratcha | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1884 |
Lugar de nacemento | Vilagarcía de Arousa |
Falecemento | 9 de abril de 1968 |
Lugar de falecemento | Barcelona |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico e político |
Irmáns | Vicente Gómez Paratcha |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fixo o bacharelato en Vilagarcía e a carreira de Medicina. Retornou a Vilagarcía instalou un consultorio na praza de Ravella en 1910 e foi médico de cabeceira da familia Calderón, á que acompañou en varias viaxes fóra de España. En París fíxose coa fórmula 606, un medicamento para a sífilis que comercializou como Salvarsán. Foi bibliotecario do Centro Recreativo e vicepresidente do Nuevo Club. Formou parte da Juventud de Defensa, foi membro das Irmandades da Fala e alcalde de Vilagarcía de Arousa entre o 1 de abril de 1922 e o 11 de abril de 1923.[1] Despois instalouse en Madrid. Membro da Federación Republicana Gallega, foi un dos seus representantes no pacto de Barrantes. Foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. En xaneiro de 1932 foi elixido vicepresidente do Congreso, en substitución de Salvador de Madariaga, e permaneceu no posto a disolución da Cámara en outubro de 1933. Foi nomeado ministro de Industria e Comercio entre o 12 de setembro e o 8 de outubro de 1933 no goberno presidido por Alejandro Lerroux.
Presentouse ás eleccións a Cortes de 1933 pero non foi elixido. Foi un dos asistentes á asemblea fundacional de Izquierda Republicana celebrada en Madrid en abril de 1934. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e desterrado a Verín, onde foi novamente detido o 11 de setembro. Sometido a un consello de guerra en Ourense o 23 dese mes, foi condenado a doce anos de cadea. Cumpriu condena nas prisións de Burgos, Valladolid e na Prisión Provincial de Ourense. Concedéronlle a liberdade condicional en maio de 1941.[2] Tras ser liberado en 1951 trasladouse a Buenos Aires onde permaneceu só un ano, regresando despois a España.
Predecesor: Valentín Viqueira Torrente |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 1922 - 1923 |
Sucesor: Enrique Rodríguez Lafuente |
Predecesor: José Franchy Roca |
Ministro de Industria e Comercio 1933 |
Sucesor: Félix Gordón Ordás |
RecoñecementosEditar
Foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcía de Arousa en 2017.
Vida persoalEditar
Casou con Ángela Alcaraz Miranda en 1907.[3]
NotasEditar
- ↑ "El médico que tenía la fórmula 606", La Voz de Galicia, Arousa, 1-12-2013, p. 15.
- ↑ BOE, 6-6-1941, p. 4082.
- ↑ Galicia Nueva, 10-11-1907, p. 2.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Biografía en La Voz de Galicia.
- Laureano Gómez Paratcha na páxina web Nomes e Voces.