Félix Gordón Ordás
Félix Gordón Ordás, que tamén aparece como Félix Gordón Ordax, nado en León o 11 de xuño de 1885 e finado en Cidade de México o 22 de xaneiro de 1973, foi un veterinario e político republicano español. Durante a Guerra Civil Española foi embaixador en México e anos despois desempeñou a presidencia do Goberno da República española no exilio.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1885 León, España |
Morte | 25 de xaneiro de 1973 (87 anos) Cidade de México |
Landeshauptmann (pt) Segunda República Española no exilio | |
xaneiro de 1951 – abril de 1960 ← Álvaro de Albornoz (pt) – Emilio Herrera → | |
Embaixador de Espanha em Cuba (pt) | |
1938 – | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Unión Republicana 12 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: León (en) | |
Ambassador of Spain to Mexico (en) | |
2 de febreiro de 1936 – 31 de marzo de 1939 ← Emiliano Iglesias – José Loredo Aparicio (en) → | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: León (en) | |
Ministro de Industria de España | |
9 de outubro de 1933 – 16 de decembro de 1933 ← Laureano Gómez Paratcha – Ricardo Samper → | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Republicano Radical Socialista 7 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: León (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Veterinario e España |
Lugar de traballo | Madrid León Cidade de México |
Ocupación | diplomático , político , veterinario |
Partido político | Unión Republicana (1934–1958) Partido Republicano Radical Socialista (1929–1934) Partido Republicano Radical (1908–1929) |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarNado en León o 11 de xuño de 1885,[1] estudou Veterinaria, carreira que rematou en 1905 en León. Creou a Juventud Republicana de León e fundou o semanario La Verdad. Abandonou Unión Republicana e uniuse ao partido de Alejandro Lerroux. Na ditadura de Primo de Rivera estivo desterrado a Ponte Barxas dez meses.[2] Con profundos coñecementos das técnicas veterinarias máis innovadoras da súa época, os seus coñecementos non foron ben valorados polas autoridades nun país atrasado cientificamente. Foi o primeiro en propoñer o establecemento de rexistros pecuarios en todo o territorio nacional para un mellor control do gando e das enfermidades e epidemias.
Conseguiu que durante a Segunda República se crease unha Dirección Xeral de Gandaría. Elixido deputado en 1931 e 1933 polo Partido Radical-Socialista. Foi Ministro de Industria e Comercio no último goberno do bienio progresista, baixo a presidencia de Martínez Barrio (outubro - decembro de 1933). En 1934 era o líder da facción máis conservadora do partido, que confluíu con outros na creación de Unión Republicana, partido polo que foi elixido deputado nas eleccións de febreiro de 1936 polas listas do Fronte Popular. En 1936 foi nomeado embaixador en México, onde realizou xestións diplomáticas durante a Guerra Civil Española ante o goberno de Lázaro Cárdenas. Máis tarde desempeñou a representación de España ante Panamá, Cuba e Guatemala.[3]
Exiliado en México ao remate da guerra civil, foi membro da Junta Española de Liberación e foi nomeado presidente do Goberno da República no exilio de 1951 a 1960. Durante o seu goberno a oposición no exilio entrou nunha crise interna cando a Ditadura franquista entrou na ONU (e con iso, o recoñecemento a nivel internacional), o que supuxo un duro golpe á causa republicana. Morreu en México o 22 de xaneiro de 1973.[1]
Obras
editarObras científicas
editar- Resumen de bacteriología especial para prácticos y estudiantes.
- Policía sanitaria de los animales domésticos.
- Mi evangelio profesional.
- La ganadería lanar en México.
Obras políticas
editar- Al borde del desastre: economía y finanzas en España. 1939-1951 (1952).
- Mi política en España (1961-1963, en 3 volumes).
- Mi política fuera de España (1965-1972, en 4 volumes).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Cuenca Toribio & Miranda García 1991, p. 65.
- ↑ La Calle, 2-10-1931, p. 14.
- ↑ «Volveu ser designado Embaixador Extraordinario e Plenipotenciario en Guatemala e Panamá o 2 de novembro de 1945, ao mesmo tempo que ostentaba por elección a presidencia do Comité Executivo Nacional de Unión Republicana» en FELIX GORDÓN ORDAS: VETERINARIO Y POLÍTICO REPUBLICANO Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. da Asociación Española de Historia de la Veterinaria, Presentación ante a Real Sociedad Bascongada de Amigos del País. Biblioteca Dr. Camino de Donostia, 15 de abril de 2003.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Félix Gordón Ordás y sus circunstancias. Fundación Vela Zanetti, León, 2003. ISBN 84-87490
- Cuenca Toribio, José Manuel; Miranda García, Soledad (1991). "Sociología de los ministros de la II República". Revista de estudios políticos (71): 53–86. ISSN 0048-7694.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Catálogo de las obras de Gordón Ordás en el Instituto Cervantes[Ligazón morta].
- Conferencia pronunciada en el Colegio Oficial de Veterinarios de Madrid, en el ciclo conmemorativo del I Centenario del mismo, el 13 de mayo de 2003 por Miguel Cordero del Campillo[Ligazón morta]
- Félix Gordón Ordás vuelve del exilio, El País, edición impresa do 13 de setembro de 2004.