Junta Española de Liberación

A Junta Española de Liberación (JEL) foi unha institución creada por parte do exilio español republicano despois da Guerra Civil, que trataba de ser unha alternativa para a formación dun goberno republicano máis integrado que o representado polas alternativas comunistas. Fundouse en México en 1943, e formaron parte dela o Partido Socialista Obrero Español, Izquierda Republicana, Esquerra Republicana de Catalunya, Acció Republicana de Catalunya e Unión Republicana. Desapareceu o 31 de agosto de 1945.[1]

Historia e características editar

Presidida primeiro por Diego Martínez Barrio e despois por Félix Gordón Ordás, sendo Indalecio Prieto o seu Secretario Xeral, tratou de contrarrestar a Unión Nacional Española, dirixida polo Partido Comunista de España e encabezada por Juan Negrín.[1] O seu maior logro foi conseguir que a Carta das Nacións Unidas elaborada en San Francisco incluíse unha emenda que impedía o acceso aos organismos internacionis aos estados e réximes constituídos co apoio das potencias nazi-fascistas.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Soldevilla Oria, Consuelo (1998). Universidad de Cantabria, ed. La Cantabria del exilio. Una emigración olvidada (1936-1975). Santander. pp. 201 e ss. ISBN 8481022055. 
  2. Documentos de la Junta Española de Liberación do Archivo de Carlos Esplá, conservado na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar