Carta das Nacións Unidas
A Carta das Nacións Unidas é o tratado internacional fundador do organismo, e que fai ás veces da súa constitución interna.[1] O documento foi subscrito o 26 de xuño de 1945 na cidade de San Francisco, Estados Unidos, suxeito á ratificación de diferentes países. Os primeiros en facelo foron Nicaragua e O Salvador, seguidos polos Estados Unidos.
Carta das Nacións Unidas | |
---|---|
Acrónimo | 国連憲章 |
Tipo | tratado constitutivo, carta e estatuto jurídico |
Data de fundación | 1945 |
37°46′39″N 122°24′59″O / 37.7775, -122.4164 | |
Na rede | |
https://treaties.un.org/doc/Publication/UNTS/No%20Volume/Part/un_charter.pdf | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estrutura da Carta
editarA Carta consiste dun preámbulo e unha serie de artigos divididos en capítulos.
- Capítulo I. Suscita os principios e propósitos das Nacións Unidas, incluíndo as provisións importantes do mantemento da paz internacional e seguridade.
- Capítulo II. Define o criterio para a membresía nas Nacións Unidas.
- Capítulo III. Describe os órganos da ONU.
- Capítulo IV. Define a Asemblea Xeral.
- Capítulos V-VI-VII. Definen o Consello de Seguridade, arranxo pacífico de controversias, accións en casos de ameaza da paz e defensa rexional.
- Capítulo IX. Sobre a cooperación internacional económica e social.
- Capítulo X. Sobre o Consello Económico e Social.
- Capítulos XI-XII-XIII. Declaración relativa aos territorios non autónomos, réxime internacional de administración fiduciaria e establece o Consello de Administración Fiduciaria.
- Capítulo XIV. Establece as funcións e integración da Corte Internacional de Xustiza.
- Capítulo XV. Establecen as funcións da Secretaría Xeral.
- Capítulos XVI e XVII. Disposicións varias e acordos transitorios de seguridade.
- Capítulo XVIII. Define os mecanismo de reforma da Carta.
- Capítulo XIX. Define a forma da sinatura e rectificación da Carta.
Capítulos importantes
editarCapítulos importantes son os que tratan sobre a estrutura e poder dos organismos da ONU.
- O Capítulo VI describe o poder do Consello de Seguridade para investigar e mediar disputas.
- O Capítulo VII describe o poder do Consello de Seguridade para autorizar sancións económicas, diplomáticas e militares así como o de forzas militares para resolver disputas. Fundándose neste capítulo creáronse os Tribunais Penais Internacionais para Ruanda e Iugoslavia.
- Os Capítulos IX e X describen os poderes da ONU para a cooperación económica e social e ao Consello Económico e Social que vixía estes poderes. Estes capítulos son a base de todo o sistema de axencias económicas, sociais e culturais especializadas e técnicas das Nacións Unidas
- Os Capítulos XII e XIII describen o réxime internacional de administración fiduciaria e establecen o Consello de Administración Fiduciaria
- Os Capítulos XIV e XV que establecen as funcións e integración da Corte Internacional de Xustiza e a Secretaría Xeral da ONU respectivamente.
Notas
editar- ↑ "Introductory Note". United Nations Organization. Arquivado dende o orixinal o 9 de maio de 2005. Consultado o 9 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Buhite, Russell (1986). Decisions at Yalta: An Appraisal of Summit Diplomacy. Lanham: Rowman & Littlefield. ISBN 0842022686.
- Macmillan, Margaret (2001). Paris 1919 Six Months That Changed the World. Nova York: Random House. ISBN 9780307432964.