Alfonso Díaz Trigo

médico, xornalista e político galego

Alfonso Díaz Trigo, nado en Buenos Aires en 1912 e finado na mesma cidade en 1968, foi un médico, xornalista e político galego.

Infotaula de personaAlfonso Díaz Trigo
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Reunión dos participantes do 1º Congreso da Emigración Galega. Sentados de esquerda a dereita: Alberto Vilanova, Xerardo Álvarez Gallego, Vicente Gómez Paratcha, Alfonso Díaz Trigo, Xavier Bóveda, Rafael Dieste e Laxeiro. De pé: Francisco Comesaña Rendo, Ramón de Valenzuela, Lois Tobío Fernández, Eduardo Blanco Amor, Xosé Velo, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Luís Seoane, Marcial Fernández Vázquez, Xosé Núñez Búa, Emilio González López, María del Carmen Soler, Mariví Villaverde e Antonio Baltar. Buenos Aires. 1956.

Nado na Arxentina, os seus pais procedían de Lugo. A familia retornou a Galicia cando Alfonso era neno. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Valladolid (onde foi presidente da Tuna Escolar Vallisoletana),[1] para finalmente licenciarse na Universidade de Madrid en 1933,[2] onde foi membro da directiva da FUE.[3] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exercía en Madrid e abrazou a causa republicana. Ao rematar a guerra tivo que fuxir á Arxentina. Convalidou o seu título de médico na Universidade Nacional del Litoral en 1939. Desempeñou a cátedra de Historia da Medicina na Facultade de Ciencias Médicas da Universidade de Buenos Aires (1960-1962). Militou na Agrupación de Intelectuais Demócratas, na Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) e na Comisión de Cultura do Consello de Galiza. Fundou e dirixiu o periódico Lugo: Órgano oficial del Centro Lucense de Buenos Aires (1948),[4] e colaborou en O Irmandiño de Montevideo. En 1968 publicou Medicina precolombina.

Notas editar

  1. El Cantábrico, 11-12-1930, p. 2.
  2. GUERRA, F., La medicina en el exilio, p. 772.
  3. La Libertad, 2-11-1933, p. 9.
  4. A Nosa Terra, 12-1948, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar