O Irmandiño foi unha publicación editada en Montevideo de 1934 a 1961.

O Irmandiño

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua galega
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Primeira época editar

Subtitulado Periódico galego. Órgano da Irmandade Galeguista do Uruguai, apareceu o 1 de outubro de 1934. Publicación de tendencia nacionalista editada pola Irmandade Galeguista do Uruguai, sección do Partido Galeguista deste país dirixida por Manuel Meilán. O carácter da publicación é claramente proselitista, desenvolvendo a declaración de principios do PG. Criticou a postura de Constantino Sánchez Mosquera, un dos líderes da comunidade galega de Montevideo, por considerar ambiguo o seu ideario político. Hai colaboracións de Xerardo Álvarez Gallego, Francisco Añón, Eduardo Blanco Amor, Fermín Bouza-Brey, Alexandre Bóveda, Ramón Cabanillas, Johan Carballeira, Víctor Casas, Castelao, Curros Enríquez, Álvaro das Casas, Mercedes do Campo, Francisco Fernández del Riego, Manuel García Barros, Manuel Lugrís Freire, Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Pondal, Vicente Risco, Antón Villar Ponte e Ramón Villar Ponte. Apareceron un total de seis números e cesou a súa publicación en xaneiro de 1936.

Segunda época editar

Tivo unha segunda época, co subtítulo Órgao da Irmandade Galeguista d'o Uruguai, apareceu o 1 de xuño de 1958. Seguiu os postulados galeguista da súa primeira época. Estivo dirixido por Xosé L. Villaverde e Miguel Vázquez Valiño. Entre os colaboradores figuraron Antón Alonso Ríos, Francisco Luís Bernárdez, Ramón Cabanillas, Lois Carré Alvarellos, Castelao, Alfonso Díaz Trigo, Luis Moure-Mariño, Ramón Otero Pedrayo, Ricardo Palmás Casal, Avelino Rodríguez Elías, Ramón Suárez Picallo e Antón Villar Ponte. O terceiro número (outubro de 1959) centrouse no II Congreso de la emigración española, celebrado en Santiago de Compostela e na Coruña en outubro de 1959, para criticalo e tamén ao Goberno franquista. O derradeiro número, publicado en xuño de 1961, publicouse con motivo do aniversario do Estatuto de Autonomía.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar