Cienfuegos, Cuba

cidade cubana

Cienfuegos é unha cidade de Cuba, capital da provincia homónima, coñecida como la Perla del Sur. En 2012 tiña 164.924 habitantes. Está situada a 245 km da Habana e a 658 de Santiago de Cuba.

Cienfuegos, Cuba
Casa do concello de Cienfuegos.
Localización
PaísCuba Cuba
ProvinciaCienfuegos
Xeografía
Altitude25 msnm
Superficie333 km²
Demografía
Poboación164 924 hab. (2012)
Densidade500 hab/km²
Outros datos
Código postal55100-55500

Historia editar

Debe a súa orixe ao interese das autoridades coloniais españolas por desenvolver novas cidades na illa. Foi fundada o 22 de abril de 1819 por colonos franceses e españois (baixo o mando de Luis De Clouet y Favrot) nunha excepcional baía, que serviu de refuxio a piratas. As rúas foron trazadas formando cuadrículas. A arquitectura ecléctica da cidade conserva abundante decoración neoclásica, xunto a antigos e modernos rañaceos e fermosos paseos e parques (o máis deles o "José Martí"). En xulio de 2005 o centro histórico urbano foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.

Centro urbano histórico de Cienfuegos
 
Rúa de Cienfuegos
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Cuba
Localización22°08′44″N 80°26′11″O / 22.14556, -80.43639
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición2005 (29ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador1202

Xeografía editar

Está localizada na chamada península da Majagua, á beira da baía de Jagua, de 88 km², ao fondo da mesma. Esta baía de nome aborixe (significa orixe, fonte, manancial, riqueza) está aberta ao mar Caribe por un estreito canal que serve de acceso ás embarcacións que usan o porto de Cienfuegos.

A diocese de Cienfuegos ten unha superficie de 5.360 km² e unha poboación de 485.000, dos cales 293.600 son católicos. Son 23 sacerdotes e 37 relixiosos que serven na diocese.

Deporte editar

Na cidade compite o equipo de fútbol FC Cienfuegos, fundado en 1978.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.