Alborada (Buenos Aires)
Alborada é unha revista publicada en Buenos Aires dende 1925.
Alborada | |
---|---|
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 25 de agosto de 1925 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulada Órgano de la Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión, apareceu o 25 de agosto de 1925. Cambiou o seu subtítulo por Órgano de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión, despois por Revista Cultural e informativa de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión (números 66-74), Órgano y propiedad de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión (números 118-161), Publicación de la Asociación Benéfica, Cultural del Partido de Corcubión (número 172) e Revista de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión a partir do número 185. Foron os seus directores Casto M. Insua, Antonio Díaz Novo, M. González, Gervasio Paz Lestón e Manuel Conde González. Tivo unha periodicidade variable, foi semanal, trimestral, semestral e anual. Os seus contidos centrábanse especialmente en novas relacionadas coa Asociación dos emigrantes de Corcubión e sobre a comarca de Fisterra, incluíndo tamén creación literaria ou notas sociais. Entre os seus colaboradores figuraron Antón Zapata, José Campos Núñez, Florencio Delgado, Luís Amado Carballo, Salvador Mosteiro Pena e Jesús Bal y Gay.
Na década dos corenta a nómina de colaboradores agrandouse coa afluencia de exiliados galegos e con textos enviados desde Galicia. Agora escriben: Eduardo Blanco Amor, Luís Manteiga, Antón Alonso Ríos, Ánxel Sevillano, Manuel García Barros, Ramón Rey Baltar, Florencio Delgado, Xosé Conde Fernández, Avelino Díaz, Ricardo Carballo Calero, Xosé Neira Vilas ou Rodolfo Prada, entre outros.[1]
Notas
editar- ↑ Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións Periódicas. Galaxia. pp. 30–32. ISBN 84-8288-137-X.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Alborada". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Alborada". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Blanco Campaña, Xosé Luís (1995). Radio e prensa na Galicia exterior. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-1304-5.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. pp. 112–113. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Alborada no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.