Galego (filme de 1988)

filme de 1988 dirixido por Manuel Octavio Gómez

Galego (en castelán: Gallego) é un filme de produción galego-cubana de 1988, dirixido por Manuel Octavio Gómez.

Galego
Ficha técnica
Título orixinalGallego
DirectorManuel Octavio Gómez
ProdutorSancho Gracia, Pepe Valdés, Camilo Vives
GuiónMiguel Barnet, Mario Camus, Manuel Octavio Gómez, Eduardo Calvo
Baseado enGallego de Miguel Barnet
IntérpretesSancho Gracia, Jorge Sanz, Manuel Galiana, Linda Mirabal, Alberto Pedro, Francisco Rabal, Antonio Ferrandis, Fiorella Faltoyano, Leticia Herrera, Rosalía Dans, César Diéguez, Álvaro de Luna
MúsicaPablo Milanés
FotografíaPorfirio Enríquez
Estrea25 de febreiro de 1988
Duración116 minutos
OrixeGalicia Galicia
Flag of Cuba.svg Cuba
Xénerodrama
Orzamento130 000 000 de pesetas[1]

Está baseada na novela Gallego, do escritor cubano Miguel Barnet, e narra a vida dun emigrante galego, Manuel (Sancho Gracia), na Habana, dende a década de 1910 ata a Revolución Cubana.[2]

ArgumentoEditar

Manuel, un mozo dunha aldea galega, decide emigrar a Cuba buscando un mellor porvir. Na viaxe en barco coñece a José Gundín, outro emigrante galego co que trabará unha amizade para toda a vida. Na Habana traballarán en diversos oficios sen demasiada fortuna e vivirán os acontecementos sociais e políticos da illa.

ElencoEditar

ProduciónEditar

Baseouse na novela Gallego, do escritor cubano Miguel Barnet. Foi rodada en diversas localizacións da provincia de Pontevedra como Mondariz e Ponteareas, así como en Madrid e A Habana, cidade na que transcorre a maior parte do filme. O filme, financiado na súa maior parte polo ICAIC cubano, custou uns 130 millóns de pesetas, 50 dos cales foron aportados pola Televisión de Galicia.[3]

O seu director, o cubano de orixe galega, Manuel Octavio Gómez, faleceu un mes antes da estrea do filme. A estrea mundial realizouse en Santiago de Compostela o 25 de febreiro de 1988, coas presenzas do presidente da Xunta, Fernando González Laxe e do ministro de Cultura de Cuba Armando Hart.[4]

NotasEditar

  1. "«Gallego», la crónica épica y cinematográfica de la emigración a Iberoamérica, en claves cubanas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 25 de febreiro de 1988. p. 72. 
  2. "Miguel Bamet, un solitario enamorado de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de febreiro de 1988. 
  3. "«Gallego», la crónica épica y cinematográfica de la emigración a Iberoamérica, en claves cubanas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 25 de febreiro de 1988. p. 72. 
  4. "El presidente de la Xunta asistió al estreno de la película «Gallego»". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de febreiro de 1988. p. 73.