Galegos en México

Os galegos en México son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en México, e que contan con máis de 12 000 membros[1][2] dispersos principalmente na Cidade de México, Estado de México, San Luis Potosí, Querétaro, Veracruz, Xalisco, Puebla, Michoacán, Campeche e Nayarit.

Holland America Line. Servicio de vapores extra-rápidos á los puertos de Cuba y México. Para la Habana, Veracruz y Tampico saldrá de Vigo…. Anuncio na portada de Faro de Vigo, 6/6/1923.

Descrición editar

Chegaron procedentes da Habana, Cuba, contra o Porto de Veracruz entre os anos 1821 e 1877, fuxindo da fame e nas presións políticas, que existían en Cuba. A súa segunda chegada a México produciuse entre a década de 1920 e a de 1970.

O Centro Galego de México, na capital é unha asociación cultural, onde se difunde e transmite a cultura galega a todo aquel que estea interesado nela. O Centro Galego de México (con diferentes nomes) é o principal difusor de Galicia en México dende 1911. Unha porcentaxe de galegos mantívose unida polos apelidos, a lingua, o folclore, a gastronomía, os negocios e a música, pero outra importante porcentaxe viuse absorbida pola cultura mexicana sen intención algunha de formar parte das asociacións de españois instituídas no país.

Censo electoral de galegos residentes en México
por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [3]
Provincia da Coruña 2.009
Provincia de Lugo 986
Provincia de Ourense 6.290
Provincia de Pontevedra 3.494
Total de galegos en México 12.779

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Vieiros. "Languages and religions - Data, indicators". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2009.  Cidadáns galegos nas votacións.
  2. [1] Gallegos fuera de Galicia
  3. Instituto Nacional de Estadística

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar