Abrir o menú principal

Coordenadas: 42°26′44″N 08°18′15″O / 42.44556, -8.30417

Rubillón
Capela de San Xoán de Rubillón, Baíste, Avión.jpg
Capela de San Xoán
ParroquiaBaíste
ConcelloAvión
Poboación68 hab. (2011)

Rubillón é un lugar da parroquia de Baíste no concello ourensán de Avión, na comarca do Ribeiro. Segundo o INE[1] e do IGE[2] en 2011 tiña 68 habitantes (34 homes e 34 mulleres), dous menos ca en 2010 (33 homes e 33 mulleres). Segundo o IGE en 2009 tiña 67 habitantes (35 homes e 32 mulleres), 27 menos ca en 1999.

A aldea ten numerosas vivendas de construción recente, propiedade de emigrantes retornados de México. A súa arquitectura contrasta coas casas vellas de construción popular, moitas delas en situación de abandono.

Neste lugar e mais no de Baíste rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción en 1984.

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2012. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Avión - Baíste" (en galego). Consultado o 13 de novembro de 2012. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar