Xoán Montes

compositor e pianista galego

Xoán Hermenegildo Montes Capón, coñecido simplemente como Xoán Montes nado en Lugo o 13 de abril de 1840 e finado o 24 de xuño de 1899, foi un compositor, organista e director de música galego, famoso especialmente por ser o autor da versión musical do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro.

Xoán Montes
Nome completoXoán Montes Capón
Nacemento13 de abril de 1840
Lugar de nacementoLugo
Falecemento24 de xuño de 1899
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de orquestra, compositor, pianista e organista
Na rede
Musicbrainz: f7cc4bbb-b93b-4706-b6d3-9c2249bf298a Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xoán Montes foi o primeiro director da Banda Municipal de Lugo en 1876 e fundou o Orfeón Lucense en 1879.[1][2]

Traxectoria editar

 
Placa na praza de Santo Domingo, onde estaba a casa na que viviu e morreu.

Se ben a familia de Xoán Montes procedía de San Fiz de Paz (Outeiro de Rei),[1] o compositor naceu na Praza de Santo Domingo da cidade de Lugo o 13 de abril de 1840 sendo o terceiro dos catro fillos de María Juana Capón López e Félix José de Montes y Galloso, un empregado administrativo no Concello de Lugo.[a][3][4] Bautizado co nome Juan Hermenegildo o mesmo día do seu nacemento, logo de saír do Seminario empregou tan só o primeiro dos dous nomes.[3] O 1 de marzo de 1850, pouco antes de que cumprira dez anos morreu seu pai, e aos poucos meses, en setembro dese mesmo ano ingresou no Seminario Conciliar de Lugo, onde estuda a carreira sacerdotal (Latinidade e Humanidade, Filosofía e Teoloxía, obtendo as máximas cualificacións), compaxinando os seus estudos con clases de música na cátedra de solfexo coa que contaba o Seminario.[5][6] Foi un músico eminentemente autodidacta, xa desde a adolescencia, cando a supresión no Seminario da cátedra de solfexo o obriga a realizar pola súa conta os estudos de música, que compaxinou cos relixiosos co consentimento dos seus profesores.[7][8] O vicerreitor encoméndalle a creación dun coro de seminaristas, e empeza a compoñer as súas primeiras pezas: glosas, pregarias, himnos, motetes; entre eles Las siete palabras de Cristo en la Cruz, da que posteriormente (1889) fará un preludio instrumental.

Oposita á praza de organista da Catedral de Mondoñedo (1862), aínda que, ao non ter a idade requirida, só pode concursar a merito, isto é, sen dereito a praza.

Remata os estudos eclesiásticos no 1863 e renuncia á vida espiritual para dedicarse enteiramente á música, como pianista, compositor ou director, sendo con certeza un caso único en toda a historia da música galega, tanto pola cantidade como pola calidade e variedade dos seus traballos.

Foi mestre de capela interino e organista da Catedral de Lugo, director da Escola de Música do concello, e, tras reorganizala, da banda municipal da cidade, coa que deu infinidade de concertos, divulgando a música sinfónica, a de cámara e a coral.

 
IES Xoán Montes de Lugo.

Fundou en 1879 o Orfeón Lucense, posteriormente chamado Orfeón Galego, co que acadou grandes éxitos dentro e fóra de Galiza interpretando obras compostas por el mesmo sobre textos de poetas galegos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal, e que dirixiu até a súa morte.

En 1886 foille concedida a condecoración de Cabaleiro da Orde de Isabel a Católica, distinción que recusou con humildade. No final da súa vida aínda levou a termo a organización por encomenda do bispo da Schola Cantorum do Seminario.

Faleceu na cidade de Lugo dunha hemorraxia cerebral na madrugada do 24 de xuño de 1899.[9]

Obra editar

Música sacra editar

  • Marcha fúnebre, 1892
  • Misa, 1892
  • Letrillas a San Francisco, 1893

Coro e orquestra editar

  • Gozos a s. Ramón Nonato, 1859, a 6 v. e orquestra.
  • Gozos a sta. Tomás de Aquino, (I) 1860, a 5 v., orquestra e órgano.
  • O salutaris hostia, 1860 para 2 tenores e baixo solistas, coro a 4 v., coro de baixos, orquestra e órgano.
  • Gozos a sta. Tomás de Aquino, (II) 1862, coro, orquestra e órgano.
  • Gozos a la Trinidad (I), 1862, coro, orquestra e órgano.
  • Gozos a la Trinidad (II), 1863, coro a 3 v., orquestra e órgano.
  • Las siete palabras, 1ª versión, 1864, para coro, orquestra e órgano. 2ª versión para coro e orquestra, cun Preludio orquestral de 1899.
  • Te Deum, 1887, para coro, orquestra e órgano.
  • Beatus vir, 1887, para coro a 3 v., orquestra e órgano.
  • Oficio de difuntos y Misa de requiem, 1891. Para coro mixto a 3 v., orquestra e redución para órgano.
  • Miserere, para coro a 5 v., orquestra e órgano.
  • Misa en honor del Apóstol Santiago. Para solos, coro e orquestra.

Música escénica editar

  • Entre gente de manteo, 1879

Orquestra editar

  • Fantasía para orquesta, 1892

Banda editar

  • Negra sombra.
  • Alborada gallega, 1887.
  • Marcha de procesión sobre el "Ave maris stella", 1889.
  • Sonata gallega descritiva, 1890.
  • Pasodoble sobre aires populares gallegos.

Cuarteto editar

  • Sonata gallega descritiva, 1890.
  • Balada gallega y muiñeira, 1895, versión para sexteto e piano.

Coro editar

  • Salve Regina, 1857, para coro a 4 v.
  • Glosa al Sacramento, 1857, para coro a 4 v. e órgano
  • Quem terra, pontus, sidera, 1857, para coro a 3 v.
  • Stabat Mater, 1857, a 2 v. de soprano
  • "Em belém há muita festa", vilancico ao Nacemento de N. S. X. 1857, para coro dobre, 1º a 2 v., 2º a 4 v., orquestra e órgano.
  • Gozos a s. Lorenzo de Brindis, 1859, a 3 v. e órgano.
  • A la Inmaculada, 1859, a 3 v. e órgano.
  • Veni, Creator Spiritus, 1860, a 3 v. brancas e órgano.
  • Gozos a la Concepción, 1861, a 3 v. e órgano.
  • Letrilla a la Virgen, 1861, a 4 v. e órgano.
  • Plegaria a la Santísima Virgen, 1890, para orfeón e órgano (ad libitum)
  • "El piélago del mundo", Plegaria a la Virgen, 1890, para orfeón.
  • Ego sum panis vivus, para coro.
  • O salutaris hostia, 1896, para orfeón.
  • Genitori, para orfeón a 3 vb.
  • Magnificat, para coro duplo, a 3 v. cada un e órgano.
  • Himno a Gutenberg, para orfeón.
  • "Todo en silencio yace", Nocturno, para orfeón.
  • Adiós, para orfeón.
  • "Llega la noche en alas". Barcarola, para orfeón.
  • "Ya la rosada luz de la aurora", 1878, Serenata para orfeón.
  • "Viento en popa", 1892, Barcarola para orfeón.
  • "Ai!, Marujinha, por Deus dá-me um beijo". Muiñeira para orfeón.
  • "Rapazinha, se quiseres", Muiñeira, 1892, para orfeón.
  • Negra sombra, versión para orfeón a 4 v.
  • Lonxe da terriña, versión para orfeón.
  • As lixeiras andoriñas, 1890. Balada, versión para orfeón.

Voz e piano editar

  • 6 baladas galegas: "As lixeiras andoriñas"; "Doce sono"; "Negra sombra"; "Lonxe da terriña"; "Unha noite na eira do trigo"; "O pensar do labrego"
  • Sonata gallega descritiva, 1890
  • "Ven, bella mía", Danza
  • "Hermosa niña", Danza
  • "Duerme la gota trémula", Romanza, 1892
  • Y a mí qué me cuenta Ud. Habanera
  • "Como el rocío". Vals
  • "Aquí va la Venatoria", Vals a la Venatoria, 1888

Voz e órgano editar

  • Lamentación "Cogitavit Dominus", 1865, para unha voz e órgano.
  • Ego sum panis vivus, a 2 v. e órgano.
  • Miserere, a 2 v. e harmonio.
  • Este confesor, para orfeón a 2 v. e órgano.
  • Letrillas a la Santísima Virgen, a 2 v. e órgano.
  • "Yo soy feliz", Letrillas al Ssmo. Sacramento, a 3 v. e órgano.
  • "En Belén hai muita festa", vilancico ao Nacemento de N. S. X. 1857, para 2 v. e órgano.
  • Marcha de procesión sobre el "Ave maris stella", 1889, versión para 2 v. e órgano.
  • Jaculatoria a la Santísima Virgen, a 1, 2 o 3 v. e órgano.

Órgano editar

  • Marcha de procesión sobre el "Ave maris stella", 1889

Piano editar

  • Melodía para a man esquerda.
  • Andante sentimental.
  • Mazurca.
  • Gavota improvisada.
  • Bailados para orquestra: 3 Cuadrillas, 4 Mazurcas, 3 Valses, 4 Habaneras (a 4ª para 2 v. e piano), Polca.

Piano a 4 mans editar

  • Vals.
  • Mazurca.
  • Bailados: Mazurca, Vals, Polca.
  • Habanera, a 6 mans.
  • Balada, para piano e harmonio.
  • Aires gallegos, para piano e harmonio.

Harmonio editar

  • Scherzo
  • Aires gallegos: Muiñeira, Alborada, Muiñeira
  • Muiñeira
  • Danzas: Vals, Mazurca, Polca
  • Jota
  • Balada gallega y Muiñeira, 1895

Notas editar

  1. Os seus irmáns maiores chamábanse José (1833-1874) e Rosalía (1835-1869), mentres que a súa irmá pequena chamábase Juana (1844-1913).[3]
Referencias
  1. 1,0 1,1 Queija, Yolanda (10 de abril de 2014). "Juan Montes, el músico que da nombre al conservatorio lucense". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  2. Calvo Rodríguez, Uxía; López Fojón, Ismael. "Barrio do romanticismo. Capela do Cementerio de San Amaro de A Coruña. Montes Capón, Xoán (Lugo 1840-1899)". laciudadgallegadelosmusicos.com. Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 López Calo 1999, p. 103.
  4. "O busto de Xoán Montes, o gran músico de Lugo, pasa á Praza Maior". lugoxornal.gal. 29 de xaneiro de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  5. López Calo 1999, p. 103-104.
  6. Barros Guede, José (11 de abril de 2008). "Juan Montes, genial compositor y director de coros, bandas y orfeones gallegos". La Opinión (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  7. "DOCUMENTACIÓN. El compositor de «Negra Sombra»". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de marzo de 2003. Consultado o 14 de xullo de 2019. 
  8. Corbelle, Sabela (29 de outubro de 2017). "'Negra sombra', 125 años que no son nada". El Progreso (xornal) (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2019. 
  9. López Calo 1999, p. 116.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cañada, Silverio (ed.) Gran Enciclopedia Galega.
  • LASTRA MAGADÁN, Teresa. Xoán Montes. Lugo: Ed. El Progreso de Lugo, S.L., 2002
  • LÓPEZ-CALO, José. Juan Montes, seminarista de Lugo: Obras musicales. Lugo: Ed. Deputación Provincial de Lugo, 2001
  • LÓPEZ-CALO, José. «Juan Montes. El hombre, el músico». Cuadernos de música iberoamericana. Vol. 7 (1999)
  • LÓPEZ-CALO, José: Obras musicales de Juan Montes. 11 volúmenes. Xunta de Galicia. 1992-
  • LÓPEZ-CALO, José: Juan Montes, seminarista de Lugo. Obras musicales. Deputación Provincial de Lugo, 2001
  • TRILLO, Joám: Juan Montes: Obras para piano. Agadic, Dos Acordes, 2016
  • TRILLO, Joám: Juan Montes: Obras para piano a 4 y seis manos. Agadic, Dos Acordes, 2016
  • VARELA DE VEGA, Juan Bautista. Xoán Montes, o músico de Lugo. Lugo: Ed. Excmo Concello de Lugo, Padroado de Cultura, 1999
  • VARELA DE VEGA, Juan Bautista. El músico Juan Montes y los poetas gallegos. Valladolid: Imprime Gráf. Andrés Martín S.L., 2001
  • VARELA DE VEGA, Juan Bautista. Juan Montes, un músico gallego. A Coruña: Ed. Deputación da Coruña, 1990
  • Varela de Vega, Juan Bautista. Cinco séculos de música na Catedral de Lugo.
  • VVAA. Congreso sobre Juan Montes. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, difusión cultural, Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo, Dirección Xeral de Promoción Cultural,
  • Diccionario de la música española e hispanoamericana. Sociedad cultural de autores y editores.

Ligazóns externas editar