No bico un cantar

No bico un cantar, subtitulado Letras e melodías gravadas no noso corazón, é un programa da Televisión de Galicia sobre cancións populares galegas, feito por un equipo de profesionais que xa traballaran xuntos no programa Alalá, dirixido por Senén Bernárdez Ferrán. O título está tirado da cantiga "A Rosalía", que Manuel Curros Enríquez lle adicara a Rosalía de Castro.[1]

No bico un cantar
Rosalía e Curros, unha das imaxes do programa.
Formato documental musical
Duración 30 m x capítulo
Creado por Senén Bernárdez Ferrán
Presentado por Arturo Fernández Álvarez
Día(s) de emisión primeiramente os martes,
despois os venres e
finalmente os sábados
Cadea TVG
Día da estrea 1/1/2013
Última emisión 29/3/2014
Nº de temporadas 2
Nº de episodios 26

Na rede
http://www.crtvg.es/tvg/programas/no-bico-un-cantar

Descrición editar

Para a análise de letras e músicas contouse coa colaboración de, entre outros, Marica Campo, Helena Villar Janeiro, Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Abe Rábade e Xosé López Calo.

Capítulos editar

Título Data de
emisión
Vídeo
"A Rianxeira" 01/01/2013    
"Andrés Do Barro" 08/01/2013    
"Negra sombra" 15/01/2013    
"Galicia, terra meiga" (Ana Kiro) 22/01/2013    
"A Carolina" 29/01/2013    
"A Santiago voy" 05/02/2013    
"Quen poidera namorala" 19/02/2013    
"Anduriña" 26/02/2013    
"Unha noite na eira do trigo" 05/03/2013    
"Un canto a Galicia" (Julio Iglesias) 12/03/2013    
"Pousa, pousa" 19/03/2013    
"O carro" 26/03/2013    
"O rodaballo" 23/08/2013    
"A Charanga" (Juan Pardo) 30/08/2013    
"Fisterra" 06/09/2013    
"Himno galego" 18/01/2014    
"O gato" 25/01/2014    
"Lela" 01/02/2014    
"Catro vellos mariñeiros" 08/02/2014    
"Adiós ríos, adiós fontes" 15/02/2014    
"Miña terra galega" 22/02/2014    
"Lévame, lévame" 01/03/2015    
"Xirarei" 08/03/2014    
"Galicia caníbal" (Fai un sol de carallo) 15/03/2014    
"Cantigas de Camariñas" 22/03/2014    
Himnos de fútbol 29/03/2014    

Recoñecementos editar

Tivo unha mención especial das televisións públicas rexionais europeas asociadas na CIRCOM.[2]

Notas editar