Xosé López Calo

musicólogo e relixioso galego

José López Calo, nado en Nebra (Porto do Son) o 4 de febreiro de 1922 e finado en Salamanca o 10 de maio de 2020, foi un sacerdote católico xesuíta e musicólogo galego. Salientan os seus estudos sobre a música do Códice Calixtino e foi membro correspondente da Real Academia Galega dende 1967[1].

Xosé López Calo
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento4 de febreiro de 1922
 Nebra
Falecemento10 de maio de 2020
 Salamanca
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela, Universidade Pontificia Comillas e Facultad de Teología de Granada
Ocupaciónmusicólogo e sacerdote católico
PremiosMedalla Castelao e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

López Calo estudou no Seminario de Santiago de Compostela e na Compañía de Xesús, onde ingresou en 1942. Licenciouse en Filosofía (Universidade de Comillas), Teoloxía (Universidade de Granada) e doutorouse en Filosofía e Letras por esta última universidade e mais pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou Musicoloxía na Escola Superior de Música Sagra de Madrid e no Instituto Pontificio de Música Sagrada de Roma, onde tivo como profesor principal ao musicólogo Higinio Anglés e onde se doutorou en 1962 coa tese “A Música na catedral de Granada no século XVI”.

Bolseiro da Fundación March, traballou na organización dos arquivos musicais de diversas catedrais españolas. Foi Profesor de Musicoloxía entre 1965 e 1970 e vicerreitor do Instituto Pontificio de Música Sagrada de Roma entre 1967 e 1970, así como Secretario xeral da Sociedade Internacional de Música Sagra (1963-1968) e asesor musical da Radio Vaticana (1963-1970). Dende 1973 exerceu como profesor agregado, e despois catedrático de Historia da Música na Universidade de Santiago de Compostela, que, á súa xubilación, o nomeou catedrático emérito. Escribiu máis de sesenta libros e uns 300 artigos nas principais revistas, enciclopedias e dicionarios de música do mundo, entre os que cómpre salientar o alemán “Die Musik in Geschichte und Gegenwart” e o “The New Grove Dictionary of Music and Musicians”, para o cal escribiu máis de 200 voces sobre música e músicos españois, mais tamén naEncyclopédie des Musiques Sacrées ou na Storia dell’Opera. Tamén traballou especialmente na catalogación de música manuscrita española entre 1575 e 1825 para o Repertoire International des Sources Musicales.

Considéraselle como un dos promotores da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela[2]. É membro de numerosas Academias e Sociedades Internacionais de Musicoloxía e Socio Fundador das Sociedades Nacionais de Musicoloxía de Italia e España (sendo varios anos vicepresidente desta). É membro da Real Academia Galega de Belas Artes e membro correspondente das de Granada, Segovia e Sevilla. Impulsou a constitución do Coro Campus Stellae.

Finou o 10 de maio de 2020, na residencia dos xesuítas de Salamanca[3].

ObrasEditar

  • El Archivo de Música de la catedral de Santiago de Compostela (1962)
  • Presente y futuro de la música sagrada (1967)
  • La música en la catedral de Palencia (1981-1982)
  • El Arpa en la catedral de Santiago: un estudo sobre estética musical barroca
  • O Feito diferencial galego na música, Idade Media e Renacemento

Galardóns e recoñecementosEditar

NotasEditar

  1. Membros da RAG
  2. López Calo, José[Ligazón morta], Enciclopedia Galega Universal.
  3. A. Gerpe (10 de maio de 2020). "Fallece el padre José López Calo, uno de los máximos representantes de la musicología a nivel internacional". La Voz de Galicia. 
  4. "Premios Fernández Latorre. Año 2008 - 50ª edición". Fundación Santago Rey Fernández Latorre (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 18 de xullo de 2018. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar