A Rianxeira

canción popular galega

"A Rianxeira" é unha canción popular galega, convertida nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa do colectivo de emigrantes ou diáspora.

Placa na honra dos autores d'"A Rianxeira".

Orixe editar

Foi composta nun principio en Bos Aires en 1947 a proposta de Anxo Romero Loxo, quen compuxo a música, nunha reunión no Centro Rianxo na que se atopaba a directiva e mais Xesús Freiro Dourado ("Pinciñas"), compositor da letra. Foi estreada un ano despois polo Coro Castelao na cidade de Bos Aires, a pesar de que a súa estrea oficial data do ano 1950, co gallo da recepción de Castelao no porto de Bos Aires.

O texto orixinal ten a súa orixe en diversas variantes de cantos tradicionais de acompañamento ás procesións de adoración á Virxe de Guadalupe (patroa de Rianxo) do século XIX, que se realizan na vila de Rianxo, sendo o seu xentilicio feminino o que bautiza ao himno. Nun principio chamárona "Ondiñas da nosa ría".

O primeiro disco foi editado pola empresa RCA Victor.

Contra a segunda metade do século XX unha das versións d'"A Rianxeira", que ten por letra a que se canta no último día das festas de Guadalupe, foi popularizada por músicos de Rianxo e de emigrantes na Arxentina e Cuba, mentres que foi nos anos 1950 cando foi creada a orquestración que acadou a aceptación do público grazas ao efecto difusor da radio.

A pesar da súa orixe, o texto non é de carácter relixioso, aínda que se serve da figura metafórica da Virxe para realizar unha evocación á figura da muller galega traballadora do mar.

"A Rianxeira" é cantada con ocasión de celebracións e festividades de carácter privado, costume tamén estendido co éxito dos clubs galegos de fútbol durante os anos 90 nas manifestacións públicas deportivas.

Texto editar

 
A Rianxeira, escultura de Manuel García de Buciños en Rianxo.

A Rianxeira " 1947, orixinal " editar

Moito me gustas rianxeira
que estás eiqui na Arxentina,(bis)
verche cantare e veila-re
coma ala na terra miña. (bis)

estribillo:

Ondiñas veñen(bis)(bis)
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.

(bis)

Que guapa estabas rapaza
cando che vin na ribeira,(bis)
tiña la cara morena
coma a virxe rianxeira. (bis)


estribillo:

Ondiñas veñen(bis)(bis)
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.'

A Rianxeira " 1952, edición modificada " editar

A virxe de Guadalupe
cando veu para Rianxo,
o barquiño que a trouxo
era de pau de laranxo.
Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.
A virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira,
descalciña pola area
parece unha rianxeira.
Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.
A virxe de Guadalupe
quen a puxo moreniña,
foi a raíña de sol
que entrou pola ventaniña.
Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar