Abrir o menú principal
Follas novas.

"Negra sombra" é un dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro publicado no seu libro Follas novas de 1880.

Índice

HistoriaEditar

Foi publicado cinco anos antes da morte de Rosalía. Levaba por título o primeiro verso, "Cando penso que te fuches", e aparecía incluído na segunda sección do libro, "¡Do íntimo!". A peza foi musicada por primeira vez por Xoán Montes e presentado no Gran Teatro da Habana en 1892. Axiña acadou sona e pasou a ser unha das cancións máis coñecidas de Galicia.[1]

O poema de Rosalía tería precedentes nos poemas de Nicomedes Pastor Díaz, La mariposa negra e Una voz. Segundo Ricardo Carballo Calero o poema de Rosalía provén dun fragmento de El murmullo de las olas de Aurelio Aguirre (1833-1858), coñecido persoal da escritora.[2]

PoemaEditar

 
Páxina 52.

*   *   *

Cando penso que te fuches,
Negra sombra que m'asombras,
Ó pe d'os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu'es ida
N'o mesmo sol te m'amostras,
Y eres a estrela que brila,
Y eres o vento que zóa.
Si cantan, ês tí que cantas,
Si choran, ês tí que choras,
Y-ês o marmurio d'o río
Y-ês a noite y ês a aurora.
En todo estás e ti ês todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin m'abandonarás nunca,
Sombra que sempre m'asombras.

Versións musicaisEditar

 
Nun monumento en Lugo.

De "Negra sombra" hai gravadas máis de 300 versións.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar