Juan Pardo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Juan Ignacio Pardo Suárez, nado en Palma o 11 de novembro de 1942,[1] é un cantante galego de orixe mallorquina, máis coñecido como Juan Pardo.
Juan Pardo | |
---|---|
![]() Juan Pardo, primeiro pola esquerda nunha foto de Los Brincos. | |
Nome completo | Juan Ignacio Pardo Suárez |
Data nacemento | 11 de novembro de 1942 (80 anos) Palma, España |
Nado en | Palma |
Ocupación | cantante, cantautor, compositor, produtor musical e pintor |
Xénero | Música lixeira, pop |
Instrumento(s) | Voz |
Selo(s) discográfico(s) | Ariola |
Relacionado con | Los Brincos, Juan y Junior, Juan Camacho, Camilo Sesto |
Tempo en activo | 1962 — actualidade |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Primeiros anosEditar
Aínda que é mallorquín de nacemento, Juan Pardo criouse en Ferrol, Galiza. O seu pai, almirante da Armada, quería que Juan ingresara na Escola Naval, pero foi rexeitado porque é daltónico. Estudou no colexo Tirso de Molina, dos Padres Mercedarios, en Ferrol.
Matrimonio e fillosEditar
Estivo casado coa cubana Emy de la Cal (1970-1983), con quen tivo dúas fillas: Teba Pardo (nada en 1971) e Lys Pardo (nada en 1975).[2]
TraxectoriaEditar
A súa carreira profesional comezou nos Vándalos. Logo formou parte do grupo Los Pekenikes (1963). Máis tarde foi cantante en Los Brincos (1965). Aquí coñeceu a Antonio Morales, que 2 anos máis tarde marcharon do grupo e formaron o dúo Juan y Junior.
As súas discrepancias con Junior levaron á disolución do grupo comezando a súa carreira en solitario en 1969. Ninguén logrou superalo na lista de éxitos dese ano con "La charanga". Ten cancións en galego.
Juan Pardo dedicou unha gravación enteira á literatura galega no disco titulado Galicia, miña nai dos dous mares. Tendo en conta que se editou nunha época tan convulsa como mediados dos setenta, o traballo sorprendía pola claridade temática de cancións como "A fala e falade galego", baseado nunha poesía de Eduardo Pondal, "Na morte de Castelao" con versos de Ramón Cabanillas e incluso unha versión do Himno galego. Moi diferente dos seus inicios como estrela do pop estatal.
Varios cantantes de fala hispana gravaron os seus éxitos, como a española Rocío Jurado (coa que gravou a dúo, a súa canción "¿Por que me habrás besado?"), Yolanda Del Río, Manolo Galván etc. Entre as súas cancións, atópanse: "Abrazadito a la luna", "Gallo de pelea" ou "Anduriña". Ademais de cantante, é produtor e compositor.
DiscografíaEditar
- Juan Pardo y su conjunto (1962-1963)
- Ayer, ahora es hoy (1969)
- La charanga (con Junior) (1969)
- Juan Pardo (1969)
- Soledades (1970)
- Juan & Andee (1971)
- Natural (1972)
- My guitar (1973)
- Rareza en forma de 45 rpm (1973)
- Conversaciones with myself (1974)
- Hotel Tobazo (1975)
- Calypso Joe (1975)
- Cuando te enamores (1976)
- Galicia, miña nai dos dous mares (1976)
- Amor mío (1977)
- Grandes éxitos (1978)
- Juan mucho más Juan (1981)
- Bravo por la música (1982)
- La niña y el mar (1983)
- Un sorbito de champagne (1984)
- Pardo por la música (1985)
- Qué tienes en la cama (1986)
- Mírame de frente (1987)
- Oro compacto (1987)
- Gallo de pelea (1989)
- Uno, está solo (1990)
- Me compré unas alas (1991)
- Sinceramente Juan (1992)
- La niña y el mar (1993)
- Año nuevo (1995)
- Pardo por la música (1996)
- Simplemente lo mejor (1996)
- Alma galega (1997)
- En vivo (1997)
- Pasión por la vida (1999)
- Trigeneración (2001)
- Lúa chea (2004)
SinglesEditar
- La charanga (1969)
- Toros en México (1969)
- Meu ben dorme (1970)
- A Marián niña (1971)
- Cuando te enamores (1971)
- Un año más (1971)
- Adiós a Mariquiña' (1973)
- Conversaciones (1974)
- Autorretrato (1975)
- Eso le ha pasado a todos (1977)
- A tus pies madame (1977)
- María Magdalena (1978)
- Amar después de amar (1980)
- No me hables (1981)
- Sin ti (1981)
- Hasta mañana (1982)
- Hay que ver (1982)
- Ahora que no estás (1983)
- Caballo de batalla (1983)
- Cazador (1984)
- Ninna (1984)
- Por favor, un favor (1984)
- Ciudadanos del mundo (1985)
- Que peligro tiene (1985)
- Dos locos (1986)
- No me hables (en vivo) (1986)
- Otra vez (1986)
- Mírame de frente (1987)
- Gallo de pelea (1989)
- Que yo deje de quererte (1991)
- Yo te olvidaré (1992)
- Bravo por la música (1997)
GalardónsEditar
Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993.
NotasEditar
- ↑ Beny G. (11 de abril de 1976). "Muscialismo". El Pueblo Gallego. p. 29.
- ↑ Juan Pardo, intervenido quirúrgicamente de una angioplastia coronaria. Lecturas.com.