Senén Bernárdez Ferrán

Senén Bernárdez Ferrán, nado en Ourense o 28 de abril de 1962, é un director, realizador, guionista e creador de programas de televisión galego.

Senén Bernárdez Ferrán
Nacemento28 de abril de 1962
Lugar de nacementoOurense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupacióndirector de televisión
PaiSenén Bernárdez
Coñecido porAlalá (programa de televisión)
Na rede
Facebook: senen.bernardez LinkedIn: senenbernardez Youtube: UCaxTQfjOWKoDWzymtwsqmKA Pinterest: senenbernardez Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É fillo de Senén Bernárdez Álvarez, presidente de Coalición Galega e ex deputado e senador.

Licenciouse en Ciencias da Imaxe na Facultade de Ciencias da información da Universidade Complutense de Madrid en 1985. En novembro dese ano comezou a traballar na TVG. A partir de 1989 empezou a realizar e dirixir diversos tipos de programas como retransmisións, música en directo, teatro, magazines ou documentais.

Dirixiu os programas Atalaia, Espacio aberto, algúns capítulos de Sombras de Crime, Gallaecia Fulget: Historia da Universidade de Santiago de Compostela, O Científico na Antártida, Montevideo: pintando o ceo máis azul, Europeos: Destinos cruzados, Alalá e No bico un cantar.[1]

NotasEditar

  1. "Senen Bernardez". LinkedIn. Consultado o 085/08/2022.