José María Sánchez Brea
xornalista e escritor galego
José María Sánchez Brea, nado en San Pedro de Ancorados (A Estrada) o 15 de maio de 1888 e finado no mesmo concello o 24 de abril de 1949, foi un xornalista e escritor galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1888 ![]() San Pedro de Ancorados, España ![]() |
Morte | 24 de abril de 1949 ![]() A Estrada, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEmigrou a Cuba, onde publicou a noveliña La caída de un cacique e dirixiu o periódico Ideal Gallego. Retornou á Estrada e na Segunda República foi membro da Comisión de Prensa do Centro de Emigrados e secretario da Federación Agraria. Dirixiu os periódicos La Vanguardia e El Emigrado. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Entre outros lugares refuxiouse na casa de Manuel García Barros.
Obras
editar- La caída de un cacique, 1922.[1]
Vida persoal
editarCasou na Habana con Josefa Albertí.
Notas
editar- ↑ Subtitulada: Nnovela de la vida real, interpretando las veraces tramas políticas rastreras y el despertar de los pueblos oprimidos.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Sánchez Brea |
Bibliografía
editar- Igrexas, Manuel: "A caída dun cacique" (4/2/2015) en Historias de Deza.