Manuel Durán Durán
xornalista español
Manuel Durán Durán, nado na Estrada, foi un empresario e xornalista galego.
Manuel Durán Durán | |
---|---|
Lugar de nacemento | A Estrada |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Emigrou a Cuba, onde foi secretario[1] e despois presidente da Sociedade Hijos de Tabeirós na Habana[2] e secretario da Sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba[3]. Retornou á Estrada a finais de 1932[4] e montou a tinturaría "Madrid"; incorporouse á Comisión de prensa do Centro de Emigrados e foi secretario do Centro[5] e administrador de El Emigrado, asumindo a dirección do periódico en agosto de 1935, logo do cesamento de José María Sánchez Brea.[6] Continuou como director até xullo de 1936. En marzo de 1936 foi nomeado concelleiro da Estrada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal. Dende alí marchou a Cuba.[7]
Notas editar
- ↑ El Ideal Gallego, 16-3-1922, p. 5.
- ↑ El Emigrado, 16-7-1927, p. 2.
- ↑ El Emigrado, 31-8-1931, p. 2.
- ↑ El Emigrado, 7-11-1932, p. 2.
- ↑ El Emigrado, 7-2-1933, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-8-1935, p. 15
- ↑ "Sociedad "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" en Cuba", El Emigrado, 16-10-1936, p. 1.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Garrido Couceiro, Xoán Carlos (1995). Fouce, ed. Manuel García Barros. Loitando sempre. Lugo. pp. 133–134. ISBN 84-605-4289-0.