José Juncal Verdulla
José Juncal Verdulla, nado en Pontevedra o 4 de decembro de 1869 e finado en Barcelona o 20 de xuño de 1961[1], foi un empresario, pedagogo, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1869 Pontevedra, España |
Morte | 20 de xuño de 1961 (91 anos) Barcelona, España |
Embaixador de Espanha em Portugal (pt) | |
30 de setembro de 1933 – 26 de febreiro de 1936 Nomeado por: Niceto Alcalá-Zamora | |
Concelleiro de Barcelona | |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista |
Partido político | Partido Republicano Radical |
Traxectoria
editarEmpresario de pesca en Marín. Republicano lerrouxista, como xornalista fundou El Grito del Pueblo, dirixiu La Unión Republicana, La Acción e La Libertad e colaborou en El Combate, El Progreso e Galicia en Cataluña (Barcelona). Casado con Amelia Lerroux, irmá de Alejandro Lerroux, por motivos políticos estableceuse en Barcelona en 1910. Foi director da Escola de Maxisterio de Barcelona e presidente do Centro Galego de Barcelona, baixo o seu mandato a entidade meteuse de cheo na política radical, ata o punto de acabar actuando como un apéndice daquel partido. Foi o primeiro presidente da Federación de Casas regionales de Barcelona, colectivo fundado en 1929. Foi concelleiro e tenente de alcalde de Barcelona. Nomeado embaixador en Portugal en outubro de 1933, continuou no cargo ata febreiro de 1936, sendo substituído por Claudio Sánchez Albornoz.
Obras
editar- Elementos de ciencia gramatical de la lengua hispanoamericana, 1912 e 1914.
- La cuestión pedagógica en España, 1923.
Vida persoal
editarCasou en Madrid con Amelia Lerroux García en agosto de 1907,[2] e foi pai de Manrique e Amelia Juncal Lerroux.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Vanguardia
- ↑ La Libertad, 25-8-1907, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carrete Rivera, Manoel (2010). L'Inmigració gallega a Catalunya. Irmandade A Nosa Galiza de Mollet.
- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 28 de agosto de 2012.