El Combate (Pontevedra)

El Combate foi un periódico bisemanal que se publicou en Pontevedra entre 1899 e 1900.

El Combate
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 3864
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario republicano, apareceu o 19 de marzo de 1899. Tiña como lema: "La verdad regula la justicia y ésta la libertad, la igualdad, la solidaridad y la democracia". Publicábase os domingos cunha periodicidade bisemanal. Estaba dirixido por Vicente García Temes, que foi procesado por desacato en setembro de 1899, ocupando a dirección Joaquín Poza Cobas.[1] Entre os seus colaboradores figuraron Severino Pérez Vázquez (que tamén foi director durante un tempo), José Juncal Verdulla e Emiliano Iglesias. Cesou a súa edición non antes do 30 de decembro de 1900.

Notas editar

  1. El Combate, 24-9-1899, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar