Abrir o menú principal

El Grito del Pueblo foi un periódico editado en Pontevedra entre 1901 e 1905.

TraxectoriaEditar

Apareceu o 17 de xaneiro de 1901 co subtítulo Bisemanario Republicano, ata o número 103, do 12 de xaneiro de 1902, que comezou a subtitularse Semanario Republicano de Pontevedra, volvendo ao encabezamento orixinario no número 241. Inicialmente saía dúas veces por semana e dende o número 103 apareceu unicamente os domingos. Cando volveu ser bisemanal saíu os xoves e domingos. De ideoloxía republicana, foi fundado e dirixido por José Juncal Verdulla e tamén tivo como director a Joaquín Poza Cobas. Incluíu artigos políticos, novas do concello e na sección literaria colaboraron Aureliano Pereira, Curros Enríquez e Labarta Pose. Cesou a súa edición o 28 de maio de 1905 co número 259. Foi substituído por La Acción.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar