Manuel Paz Varela

médico e escritor galego

Manuel Paz Varela, nado en Cambados en 1876 e finado no Porriño o 30 de decembro de 1938,[1] foi un mestre, médico e escritor galego.

Infotaula de personaManuel Paz Varela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1876 Editar o valor em Wikidata
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
O Porriño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Discurso de Manuel Paz Varela sobre o Dr. Pedro Recio de Agüero, personaxe do Quixote.

Fillo de Gerardo Paz Casas, ordenanza da Deputación de Pontevedra, e Carmen Varela Carballo.[2] Estudou Maxisterio, traballou como mestre e custeou os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1899.[3] En 1904 obtivo a praza de oficial médico da Armada Española por oposición,[4] exerceu na Mariña durante un tempo e solicitou a separación do servizo. Trasladouse ao Porriño e obtivo a praza de médico municipal de Mos en 1907.[5] Fixo estudos sobre Eça de Queirós e publicou o libro La comedia lusitana. Colaborou en Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar, La Integridad, El Progreso, El Lince e El Pueblo Gallego. Utilizou o pseudónimo Xan d'Outeiro para as súas colaboracións na prensa. Foi vicepresidente da sección de literatura do Ateneo de Vigo. Deixou escritas tres novelas en portugués.[6]

Obras editar

  • De la comedia lusitana. Apuntes para una historia de la revolución portuguesa, 1911.[7]

Recoñecementos editar

O concello do Porriño dedicoulle unha rúa.

Vida persoal editar

Casou con Enriqueta Domínguez Rodríguez, e foi pai de cinco fillos.

Notas editar

  1. Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra, 1-12-1938, p. 38.
  2. El Progreso, 14-11-1925, p. 4.
  3. Boletín de Medicina y Cirugía, 15-10-1899, p. 24.
  4. El Diario de Pontevedra, 7-3-1904, p. 2.
  5. La Correspondencia Gallega, 8-4-1907, p. 3.
  6. "Recuerdo de don Manuel Paz Varela" in El Pueblo Gallego, 27-9-1964, p. 17.
  7. Ficha en Galiciana

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar