El Deber
El Deber foi un periódico editado en Pontevedra entre 1873 e 1874.
Historia e características editar
Subtitulado Periódico republicano federal independente, apareceu en marzo de 1873. Saía tres días á semana dos obradoiros tipográficos de J. M. Madrigal. Estaba dirixido por Ramón Faginas e entre os seus colaboradores figuraba Andrés Muruais. Declaradamente republicano, sufriu apercibimentos polo Decreto de Imprenta. Cesou a súa publicación non antes de maio de 1874.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.