Ramón Faginas
Ramón Faginas Arcuaz, nado en Pontevedra cara a 1839 e finado na Coruña o 7 de agosto de 1913[1], foi un político, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Pontevedra, España |
Morte | 7 de agosto de 1913 A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarCando tiña 14 anos foi como voluntario á guerra de África. Con 17 anos iniciouse na actividade xornalística. Federalista, socialista e galeguista, defendeu con constancia o programa galeguista do federalismo republicano. Foi deportado nunha ocasión e tamén tivo que emigrar para fuxir da persecución. Foi o iniciador e secretario da Liga de Contribuyentes da Coruña. Dirixiu El Deber de Pontevedra (1873) e El Telegrama e El Comercio Gallego da Coruña. Fundou con Salvador Golpe El Clamor de Galicia e Unión Gallega e foi redactor de El Diario de Galicia. Foi secretario do concello de Oza dos Ríos dende 1884[2]. Finou na Coruña aos 74 anos.
Obras
editar- Pontevedra y sus cercanías, 1880.
- Guía indicador de La Coruña y Galicia para 1890-1891, 1890.
Vida persoal
editarCasou con Amalia Álvarez Rodríguez e foi pai dos xornalista Bernardo e Robustiano Faginas Álvarez.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Norte de Galicia, 9-8-1913, p. 2.
- ↑ El Diario de Lugo, 30-3-1884, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 7.