Exposición Rexional de 1880

A Exposición Rexional Galega de 1880 foi un evento celebrado en Pontevedra en 1880. Foi promovido polo gobernador civil Filiberto Abelardo Díaz, coincidindo coa inauguración da nova casa consistorial deseñada polo arquitecto Alejandro Sesmero.

Exposición Rexional de 1880
Tipofeira de mostras
EnPontevedra
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]
Casa Consistorial de Pontevedra.

Historia e características editar

A exposición desenvolveuse na casa consistorial, no convento de San Bartolomeu (edificio que se usara como instituto e que por entón acollía o hospicio) e na Alameda. Inaugurouse o 5 de agosto, coa presenza de Montero Ríos, Antonio Aguilar Correa e Antonio Romero Ortiz.

Instaláronse fábricas de cervexa, chocolate, licores, gasosa, galletas e rosquillas de Ribadavia e Silleda, queixos e mantecas, doces das monxas dos conventos de clarisas de Redondela e Tui, conservas, vaixelas de madeira, mobles, sombreiros, curtidos, cerámica e olaría, tecidos e ferramentas. Houbo mostras de acibacharía e orfebrería de Santiago de Compostela e de encaixe de Camariñas e Noia. Expuxéronse miniaturas, gravados, debuxos e pinturas, bordados e traballos de tipografía, así como traballos escolares do centro Froebel. Tamén sobre horticultura, viticultura, ostricultura, cristalería, antigüidades, e instrumentos musicais. Estiveron presentes representacións de diversas fábricas de papel.

Celebráronse uns xogos florais, certame literario nos que participaron como xurado Antonio Romero Ortiz, Eugenio Montero Ríos, Eduardo Chao, Curros Enríquez, Indalecio Armesto, Emilio Álvarez Giménez, e Luís Rodríguez Seoane. Resultaron vencedores Ángel Laso de la Vega, Antonio Alcalde Valladares, Ramón Segade Campoamor, Arturo Vázquez, Isidoro Casulleras, Nicanor Rey Díaz, Jesús Muruais (por un himno a Galicia) e Andrés Muruais (por unha oda a Pontevedra). Tamén houbo un certame musical.

Instalouse un foco eléctrico, cedido polo industrial vigués López de Neira, que proxectaba luz desde o pazo da Deputación e desde unha das torres da igrexa da Virxe Peregrina.

Visitaron a exposición unhas 16000 persoas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar