Alejandro Sesmero

arquitecto español

Alejandro Rodríguez-Sesmero González (nalgunhas ocasións asinaba como Alejandro Sesmero)[1], nado en Xixón en 1843 e finado en Córdoba (Arxentina) o 22 de outubro de 1913, foi un arquitecto que traballou en Galicia.

Alejandro Sesmero
Alejandro Rodríguez-Sesmero González, 1848-1913.jpg
Nacemento1843
Lugar de nacementoXixón
Falecemento22 de outubro de 1913
Lugar de falecementoCórdoba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
PaiDomingo Rodríguez Sesmero
Coñecido porCasa Consistorial de Pontevedra, Pazo da Deputación de Pontevedra, Palacete das Mendoza, Alameda de Pontevedra, igrexa da Nosa Señora dos Praceres e Goberno Militar (Pontevedra)
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Domingo Esteban Rodríguez Sesmero, arquitecto nado en Medina del Campo. Estudou Arquitectura en Valladolid, acadando o título de Mestre de Obras. Colaborou co seu pai entre 1866 e 1869 como delineante da Deputación Provincial. Nese ano o seu pai trasladouse a Vigo, nomeado arquitecto municipal nesa cidade. Alejandro Sesmero foi interino nese posto entre maio de 1875 e xullo de 1876, momento en que pasou a ser arquitecto municipal interino de Pontevedra, pola renuncia de Justino Flórez Llamas.

Nesta cidade proxectou a expansión urbana cara ao exterior, logo de ser derrubada a muralla medieval. Deseñou a Casa Consistorial de Pontevedra, a avenida de Santa María, o palacete das Mendoza, a Alameda e o parque das Palmeiras, o cemiterio de San Amaro, os depósitos da traída de augas en San Amaro e as fontes no casco urbano, o Pazo da Deputación (xunto co seu pai), un colexio que hoxe é o edificio da Subdelegación de Defensa na provincia de Pontevedra, o antigo Mercado Municipal de 1886 e reformou a capela da Virxe do Camiño. En 1880 foille concedida a Cruz da Real Orde de Carlos III. En 1887 parte da corporación local propuxo a súa designación como arquitecto municipal, mais a idea non saíu adiante porque non tiña o título oficial de arquitecto.

 
Fonte da Praza do Peirao de Pontevedra, 1876, coa estatua da deusa romana Fama.

Dimitiu do posto e solicitou a legalización do título ante a Dirección Xeral de Instrución Pública. Unha vez conseguido, abandonou a súa muller, Pilar Rubio Romea, e os seus fillos (Adelaida, Ricardo, Enrique, María del Pilar, Alfonso e Margarita) e en xaneiro de 1889 marchou a Arxentina, sendo nomeado profesor de Arquitectura e Debuxo Arquitectónico na Facultade de Ciencias Físico-Matemáticas da Universidade Nacional de Córdoba. Alí compaxinou a docencia co deseño de edificios públicos, e foi membro de tribunais de oposicións.

Galería de imaxesEditar

Palacete das Mendoza, 1878, sede de Turismo Rías Baixas, Pontevedra. 
Casas para Manuel Blanco García, 1878, Sede de Radio Vigo e Localia Vigo

NotasEditar

  1. Garrido, Xaime. "RODRÍGUEZ-SESMERO, Domingo e Alejandro". Gran Enciclopedia Galega.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar