La Lealtad Gallega

La Lealtad Gallega[1] foi un periódico editado en Pontevedra en 1895.

La Lealtad Gallega

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 9051
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Diario tradicionalista de Pontevedra. Órgano del Partido Carlista de la Provincia, apareceu o 1 de xaneiro de 1895. Constaba de catro páxinas e editábase na imprenta de José Eiras García. Publicación deficiente no plano informativo, con predominio das noticias de carácter relixioso. A súa ideoloxía concretase no programa que inseriu nos primeiros números:

Todo por nuestra sacrosanta religión la Católica, Apostólica y Romana a cuyo Jefe S.S. León XIII humildemente impetramos su Bendición. Todo por nuestra España querida en otra época tan poderosa y hoy día tan decaída desde que la gobiernan los liberales. Todo por la Monarquía Tradicionalista en cuyo triunfo confiamos y por el cual hacemos fervientes votos al Todopoderoso. Este es nuestro programa y por el cual estamos dispuestos a sacrificar nuestra vida sin temor de ninguna especie.

Desapareceu en xullo de 1895. Foi substituído por La Actualidad.

Notas editar

  1. Nalgunhas publicacións aparece citado como Lealtad Gallega, sen o artigo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar