Xoán Xardón

político galego

Xoán Xosé Xardón Pedras, nado en Vilar de Santos en 1968, é un político galego de CxG-CCTT, previamente do BNG.

Infotaula de personaXoán Xosé Xardón Pedras
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Vilar de Santos
Cargos
Alcalde do Concello de Vilar de Santos
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Vilar de Santos Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAlcalde
Partido políticoCxG-CCTT
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo e Dirección de Recursos Humanos pola da Coruña. Foi coordinador de servizos en Cogami Ourense. Concelleiro en Vilar de Santos polo BNG, accedeu á alcaldía en setembro de 2005, ao asumir Xosé Antón Jardón a delegación de Industria en Ourense. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Vilar de Santos e foi elixido alcalde con maioría absoluta.

Nas eleccións municipais de 2011 foi reelixido alcalde con maioría absoluta, ocupando o BNG os 7 escanos que compoñen o concello limiao, co apoio do 86,4% dos votos nas municipais do 22 de maio.

A finais do 2012 causa baixa no BNG[1], pasando a formar parte de Compromiso por Galicia.

Nas eleccións municipais de 2015 obtivo de novo maioría absoluta, cos 7 escanos ocupados por concelleiros de CxG-CCTT, co apoio do 86,74% dos votos. No 2016 distanciouse de Compromiso por Galicia pasando a dar o seu apoio a En Marea. Nas municipais de 2019 formou un novo proxecto político, Xuntos por Vilar de Santos, cos que foi reelixido alcalde. Cargo do que dimitiu, mantendo a súa acta de concelleiro, en marzo de 2022.[2]


Predecesor:
Xosé Antón Jardón Dacal
  
Alcalde de Vilar de Santos
 
2005 - 2022
Sucesor:
Antonio Míguez Nogueiras

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar