Xohán Ledo

médico e ilustrador galego

Ricardo García Suárez, coñecido co nome artístico de Xohán Ledo, nado en Ferrol o 15 de outubro de 1917 e finado en Vigo o 10 de xuño de 2006, foi un médico e ilustrador galego.

Infotaula de personaXohán Ledo
Biografía
Nacemento(es) Ricardo García Suárez Editar o valor en Wikidata
15 de outubro de 1917 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xuño de 2006 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesXohán Ledo Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante , médico Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1009237 BUSC: ledo-xohan-1918

Traxectoria

editar
 
SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán

Fillo dun militar de artillaría, fixo o bacharelato na Coruña. En 1933 comezou a estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a guerra civil española serviu de sanitario en varias frontes, e rematou a carreira en 1943. Especializouse en cirurxía torácica, e traballou en Bilbao nun hospital antituberculoso. En 1950 instalouse en Vigo e abriu unha consulta privada, que despois abandonou ao entrar a traballar para a Seguridade Social.

En Vigo retomou o contacto co galeguismo, e comezou a colaborar coa Editorial Galaxia e a revista Grial entre 1951 e 1983. Fixo as capas, o deseño interior e as ilustracións de case todas as coleccións da editorial, o que o converteu -con Luís Seoane no exilio- no renovador da imaxe gráfica do libro galego. Fixo as portadas de Á lus do candil (Ánxel Fole, 1954), Si o vello Sinbad volvese ás illas... (Álvaro Cunqueiro, 1961) ou Os biosbardos (Eduardo Blanco Amor, 1962) e ilustrou obras como Terra brava (Ánxel Fole, 1955), As crónicas do sochantre (Á. Cunqueiro, 1956), Dos arquivos do trasno (Rafael Dieste, 1962) ou Xente no rodicio (Xosé Neira Vilas, 1971). Tamén realizou folletos, almanaques e carteis, como os primeiros que se fixeron sobre o Día das Letras Galegas.

Escribiu numerosos textos sobre arte, tanto na vertente pictórica como arquitectónica, que espallou en revistas, prólogos e volumes colectivos. Entre eles cómpre salientar os dedicados a Luís Seoane e Carlos Maside, seus grandes amigos da mocidade, sobre a pintura de Manuel Colmeiro ou a personalidade e obra do arquitecto Manuel Gómez Román.

Logo da súa xubilación retomou a súa faceta de tradutor, vertendo ao galego dous textos de William Shakespeare: Ricardo III (Fundación Otero Pedrayo, 1998; Premio Trasalba), e Xulio César (Ediciós do Castro, 1998)[1].

En 1956 casou con Mimí Alonso da Cuña, coa que tivo tres fillas e un fillo.

Recoñecementos

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar