Xoán Vidal Martínez
Xoán Vidal Martínez, nado en Salcedo (Pontevedra) o 29 de marzo de 1904 e finado na mesma vila o 19 de xuño de 1994, foi un mestre e poeta galego.
Xoán Vidal Martínez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de marzo de 1904 |
Salcedo | |
Falecemento | 19 de xuño de 1994 |
Pontevedra | |
Soterrado | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e poeta |
Fillos | Aurora Vidal Caramés |
Irmáns | Aurora Vidal Martínez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
VidaEditar
Estudou maxisterio e fíxose mestre traballando a prol do ensino en galego con Antón Iglesias Vilarelle. Colaborou en La Raza. Foi cofundador xunto con Castelao e outros persoeiros do Partido Galeguista de Pontevedra, do que chegou a ser presidente. Despois o partido integrouse no Partido Galeguista.
Tralo Alzamento Nacional foi represaliado. Abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre. En 1946 asentouse coa súa dona en Ares e foi mestre da Alianza Aresana (1946-1969). En 1969 marchou ás Illas Canarias exercendo o maxisterio no Colexio Ramón y Cajal de Santa Cruz de Tenerife, no que se xubilou aos 65 anos de idade.
Era irmán da tamén poeta Aurora Vidal Martínez. Tivo tres fillos e cinco fillas, entre elas as tamén escritoras Aurora e Clementina Vidal Caramés[1].
ObraEditar
Publicou poemas en Vida Gallega. Xunto a Modesto Bará Álvarez fundou a revista Hebe. Amais, tamén fundou a revista literaria de corte nacionalista Alborada e a revista Cristal (1932-33) xunto a Xosé María Álvarez Blázquez.
Como poeta pertenceu á xeración do 25 xunto a Luís Amado Carballo e Álvarez Blázquez. Publicou catro obras:
- Mágoas, 1921.
- Alcor, 1927.
- Los senderos inútiles, 1956.
- Voz y memoria (Antología poética), 1986.
Galería de imaxesEditar
Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
NotasEditar
- ↑ Xoán Vidal, na web Xenealoxía.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Acuña Trabazo, A. (2005). Xoán Vidal Martínez. Voz e memoria. Pontevedra:: Concello de Pontevedra.
- Vidal Caramés, A. e Vidal Caramés, C. (2009). Xoán Vidal Martínez. Vida e obra. Pontevedra: Deputación provincial. ISBN 978-84-8457-326-5.
- Couceiro Freijomil, A. (1954). "VIDAL MARTÍNEZ, Xoán". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 503.
Ligazóns externasEditar
- Ficha en www.poesiagalega.org