O soño dunha noite de San Xoán (filme)

filme de 2005 dirixido por Ángel de la Cruz

O soño dunha noite de San Xoán (en castelán: El sueño de una noche de San Juan) é un filme de animación realizado en 2005 por Dygra Films, baseado na obra homónima de William Shakespeare. A película foi dirixida por Ángel de la Cruz e Manuel Gómez Santos e custaba uns 6.000.000 de euros de produción.

O soño dunha noite de San Xoán
Tipocinema de animación Editar o valor en Wikidata
Forma artísticalongametraxe Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofilme de fantasía Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aÁngel de la Cruz Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña e Portugal Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 38 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeGalicia Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBosonhodeumanoitedesaojoao.com Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0443123 Filmaffinity: 175139 Allocine: 141830 Rottentomatoes: m/el-sueno-de-una-noche-de-san-juan-midsummer-dream Allmovie: v339401 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A preestrea mundial tivo lugar na Coruña o 23 de xuño de 2005,[1][2] e a estrea comercial o 1 de xullo de 2005.[3][4]

Argumento

editar

Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Porén, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho.[5]

Actores de dobraxe

editar
Personaxe  Actor/actriz orixinal[6]  Actor/actriz de dobraxe[7]
Elena Yolanda Mateos María Castro
Lisandro Gabino Diego Victor Mosqueira
Demetrio Luis Bajo Evaristo Calvo
Teseo Juan Antonio Gálvez Miguel López Varela
Berbiqui José Escobosa Manuel Pombal
Titania Victoria Angulo Beatriz García
Oberón Juan Perucho Miguel Pernas
Perecho Sara Vivas Carolina Vázquez
Mostaza Carmen Machi
Faena Emma Penella Carolina Vázquez
Frosi Isabel Ordaz Nora Abad
Cleta Gemma Cuervo Miriam Aldrey
Voces adicionais Iñaki Crespo, David García Vázquez, José Escobosa, Luis Marín, Carlos Ysbert i María Jesús Varona

Produción

editar

Dirixido por Ángel de la Cruz e Manolo Gómez, o equipo de produción contou con máis de 400 persoas ao longo da vida do proxecto.[8]ç

Recadación

editar

Segundo os datos do Ministerio de Cultura de longametraxes estreadas no ano 2005, a recadación desta película alcanzou os 788.303,97 euros con 173.769 espectadores, o que a converte na 24ª película nacional máis vista dese mesmo ano.[5]

  1. "La Voz de Galicia". Consultado o 13-11-2024. 
  2. "La Voz de Galicia". Consultado o 13-11-2024. 
  3. "La Voz de Galicia". Consultado o 13-11-2024. 
  4. "La Voz de Galicia". Consultado o 13-11-2024. 
  5. 5,0 5,1 "O soño dunha noite de San Xoán / El sueño de una noche de San Juan (AVG/AudioVisual Galego)". culturagalega.gal. Consultado o 2025-01-01. 
  6. "El Sueño De Una Noche De San Juan - Ficha eldoblaje.com - Doblaje". www.eldoblaje.com. Consultado o 2024-11-13. 
  7. "O soño dunha noite de San Xoán". Wiki A dobraxe en galego. Consultado o 2024-11-13. 
  8. Silió, Elisa (2005-07-01). "'Sueño de una noche de San Juan' se inspira en Shakespeare". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2025-01-01. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar