San Xián, O Rosal, O Rosal
San Xián, ás veces escrito Sanxián, é un lugar da parroquia de O Rosal, no concello pontevedrés de O Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE,[1] en 2014 tiña 85 habitantes (46 homes e 39 mulleres).
San Xián | |
---|---|
Parroquia | O Rosal |
Concello | O Rosal |
Poboación | 85 hab. (2014) |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
Eclesialmente, pertencía á parroquia do Rosal. En 1796 os veciños solicitan que se declare parroquia independente e en 1806 o bispo Xoán García Benito eríxea como vigairía perpetua. Non se erixiu como parroquia e pasou a ser un anexo da parroquia de Santa María de Oia. Actualmente pertence a esta. Pola contra, administrativamente, pertence a parroquia do Rosal.
PatrimonioEditar
Posúe unha igrexa moi sinxela: unha soa nave rectangular e o presbiterio de corpo cadrado máis alto e ancho que a nave. Polo sur, engadíuselle a sancristía ó lado do presbiterio. En todos os esquinais presenta un apilastrado sinxelo como apoio de cornixa en media cana que acolle o tellado.[2]
A súa festa celébrana o 7 de xaneiro.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares do RosalEditar
Lugares da parroquia do Rosal no concello pontevedrés do Rosal | |
---|---|
O Barrio Novo | A Barrosa | A Cachada | O Calvario | A Campaneira | O Casal | Caselas | Castañón | Couselo | O Couso | As Cruces | A Cumieira de Abaixo | A Cumieira de Arriba | A Cunchada | A Fecha | Formás | Fornelos | Os Lagos | A Lomba | Martín | Marzán | A Mata | As Medas | Miranxe | A Mo | A Morraceira | Novás | O Outeiro Pito | Pancenteo | Parada | O Picón | Ponte de Carros | Portecelo | A Pousa | O Priorato | O Rego | A Rotea | San Xián | San Xosé | Sandián | Senín | O Urgal | Valdemiñotos | A Videira | Viso dos Eidos |
Parroquias do RosalEditar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal | |
---|---|
As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán) |
NotasEditar
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor".
- ↑ Diocese de Tui-Vigo - Delegación de Patrimonio. "Sanxián (anexo de Oia)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16/12/2014. Consultado o 27/2/2015.