Sousón

variedade vinífera

A sousón[1] é unha variedade de uva tinta (Vitis vinifera) autóctona de Galicia e a Rexión Norte de Portugal, de pequeno tamaño, forma acuminada e pel fina de cor negra azulada, utilizada especialmente para a elaboración dos viños das denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras.[2]

Acio de sousón.

Cultívase tamén da outra beira do Miño, no Alto Miño, onde se coñece cos sinónimos lusos: souzão e vinhão. A uva é coñecida por producir viños cunha cor intensa, con sabores bastos e a pasas.[3]

Rexións editar

É orixinario da ribeira do Miño.

Trátase dunha uva escasa, polo que se complementa con outras. Está recomendada como variedade de vinificación en Galicia, segundo a Orde APA/1819/2007, pola que se actualiza o anexo V, clasificación das variedades de vide, do Real Decreto 1472/2000, de 4 de agosto, que regula o potencial de produción vitícola.[4]

Cultívase nas denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras.[5]

No Norte de Portugal adóitase usar para a produción de viño do Porto. Tamén está autorizada nas DOC portuguesas de Douro e Dão-Lafões.

Tamén se cultiva en rexións vinivitícolas de Australia, California e Suráfrica. En Australia úsase a sousón para facer viño ao estilo do Porto e tamén viños de mesa mesturándoa con outras variedades portuguesas.

Nota editar

  1. Sousón (Tinta) Arquivado 07 de novembro de 2007 en Wayback Machine. donselecto.net
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. J. Robinson Vines, Grapes & Wines pg 217 Mitchell Beazley 1986 ISBN 1-85732-999-6
  4. Orden APA/1819/2007
  5. Orden de 7 de marzo de 2005 de la CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA Y DESARROLLO RURAL de la Xunta de Galicia (publicado en el DOGA nº 54 de 18 de marzo de 2005) por la que se modifican las variedades de uva preferentes y autorizadas por la D.O. Valdeorras