Agurain
Agurain (en vasco) ou Salvatierra (en castelán; oficialmente Salvatierra/Agurain) é un concello da provincia de Áraba, no País Vasco, capital da cuadrilla de Agurain. O municipio inclúe ademais da poboación de Agurain varias aldeas pequenas como Alangua, Arrizala, Egileor, Iturrieta ou Opakua.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Áraba | ||||
Cuadrillas | Cuadrilla de Salvatierra | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.085 (2023) (134,63 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) lingua éuscara | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 37,77 km² | ||||
Altitude | 605 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1256 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Ernesto Sainz Lanchares (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 01200, 01... e 01207 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 01051 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | agurain.com |
Historia
editarA vila foi fundada no século XIII por Afonso X de Castela. En 1463, foi unha das cinco vilas fundadoras da Irmandade de Áraba, canda Vitoria, Miranda de Ebro, Pancorbo e Saxazarra.
Demografía
editarEvolución da poboación de: Agurain desde 1991 ata 2004
| |||
1991 | 1996 | 2001 | 2004
|
3 650 | 3 796 | 4 006 | 4 096 |
Cultura
editar- Aguraingo Atseden Taldea
- Aguraingo Trikitixa
- Aguraingo Txistu Taldea
- Alevin Futbol - C. De María
- Asociación de xubilados Sallurtegui
- Baietz Euskara Taldea
- Banda de Música
- C.D.Salvatierra
- Ikastola Pedro Lope de Larrea
- Club Baloncesto Agurain
- Ikastetxea Corazón de María
- Eguzkilore Abesbatza
- Escola de Música Pública
- Escola de Pelota
- Grupo Deportivo Arabarrak
- IES Aniturri
- Lautadako AEK
- Noranahi
- Sociedad Etnográfica Amigos del Zadorra
- Sociedad Filatélica y Numástica
- Tamborrada
- TourAgurain
- Club Deportivo Igurtzi
- Peña Athletic "Sorginetxe" de Agurain
Festas
editar- O luns despois do domingo de Pascua, festa da Virxe de Sallurtegui.
- O 24 de xuño, San Xoán.
- O 15 de agosto, a Virxe María.
- O 29 de agosto, San Xoán degolado.
- Primeiro domingo de outubro, festas da Virxe do Rosario.
- A destacar a Feira do Gando que ten lugar o martes seguinte ao primeiro domingo de outubro, con máis de seiscentos anos de antigüidade.
Patrimonio
editar- Casco medieval amurallado con tres rúas principais:
- Maior: é a central e a que conserva os edificios de maior interese artístico. Sempre recibiu este nome e dividíase en tres parroquias, de Santa María, do medio e de San Xoán.
- Carnicería: este nome xa se utilizaba no século XVI por acharse nela as carnizarías da vila.
- Zapatari: fai referencia ao gremio dos zapateiros.
- Igrexa de San Martín (século XIII), actualmente Concello e Arquivo municipal.
- Igrexa-fortaleza de San Xoán Bautista (séculos XV-XVI) de cabeceira recta chantada sobre outra fábrica anterior realizada entre os séculos XIII e XIV.
No seu interior atópase un retablo do segundo terzo do XVI con lenzos de Pedro de Obrel, de formación flamenga.
- Igrexa-fortaleza de Santa María (s. XV-XVI), que foi construído sobre outro anterior. No seu interior hai un retablo de 1530 realizado por Lope de Larrea. Tamén destaco o baixo coro plateresco co escudo de Carlos I.
- Convento das Madres Clarisas (1611), no seu interior áchase a capela de San Pedro.
- Antigo hospital de peregrinos de San Lázaro e a Magdalena. Xa no 1487 se menciona a súa existencia. En 1839 foi vendido polo concello a un particular.
- Casa das Viúvas (século XIV), edificio civil máis antigo que se salvou do grande incendio que destruíu case a totalidade da vila en 1564.
- Casa de Begoña (século XVII), ostenta as armas dos Ordoñana, dos Vicuña e dos Lazarraga. Sobre o muro do xardín hai ver outro coas armas dos Santa Cruz.
- Casa Azcárraga. A metade norte é de finais do XVI e loce as armas dos García de Zuazo. A metade sur é de finais do XVIII e ten o escudos dos Eulate.
- Casa dos Bustamante. Foi mandada construír en 1564, despois do grande incendio. Soporta as armas dos Zumalburu e dos Vicuña.
- Olbeas de San Xoán (finais do XVI), orientadas cara a praza do mesmo nome e que acolle o merado dos martes dende a fundación da vila en 1256.
- Canellón dende Agurain cara ao porto de Opakua.
- Parque de Galzar.
- Parque de Oriamendi.
Camiño de Santiago
editarEntre os montes Aratz e Aizkorri, atópase o túnel de San Hadrián, fronteira natural entre Áraba e Guipúscoa. Dentro da cova está a ermida de San Hadrián, que data do século XI (na actualidade non é máis que unha edificación cativa), e retos dunha antiga muralla con medio arco de pedra.
Á saída do túnel, seguindo a calzada medieval, anteriormente tamén transitado en época romana, a uns cen metros dunha entrada, atópase á esquerda un pequeno túmulo pastoril da idade de ferro e un pouco máis adiante, unha fonte. Seguindo a calzada chégase a unha lomba chamada da Forca, lugar onde se axustizaban aos bandoleiros que asaltaban aos viaxeiros, onde se inicia un descenso cara a Zalduondo, sinalizado con postes metálicos. Ao deixar a calzada, a través dunha pista forestal moi sinalizada, chégase ao termo de Zumarraundi e dende aquí tomarase a estrada asfaltada que conduce até Zalduondo. Despois séguese en dirección Ordañana, até chegar á vila Agurain (A-3018), tamén por estrada asfaltada.
A entrada á vila facíase polo lado Norte (antigo Hospital da Madalena) mentres que a saída se realizaba polo lado Oeste (zona do cemiterio, aínda que se pode ver o escudo dos Bikuña sobre a porta).
Seguindo dirección Vitoria-Gasteiz e tras pasar un polígono industrial, por unha parcelaria que pasa por debaixo da autovía chégase a Gazeo. Tras pasar xunto á igrexa de San Martín de Tours (de novo asfalto) sáese pola estrada que se dirixe cara ao sur, ata Langarika e antes de pasar a ponte sobre o ferrocarril xirar á dereita levaranos até Ezkerekotxa. Nesta vila, tras dirixirse ao apeadoiro, e tras deixalo á esquerda ascéndese por unha costenta estrada asfaltada ao alto de Txintxetru. Unha vez no alto a estrada que pasa por encima do túnel (asfaltada) xira á esquerda (cara á vila), cóllese a parcelaria que segue paralela ás vías do tren até chegar á estrada asfaltada (A-3113) que vai á vila de Alegria-Dulantzi.
A rota neste punto sepárase do ferrocarril para a dereita (cen metros cara ao norte) e para tomar de novo unha parcelaria occidental, que nos levará a ermida de Nosa Señora de Ayala (século XIII). Dende este punto séguese sempre dirección oeste até chegar á ermida de Arrarain, considerada como un dos exemplares máis antigos do románico alavés. Unha vez chegado a Elburgo, divísase sobre o outeiro o mosteiro de Estíbaliz, ao que se pode acceder tomando unha pista que cruza o propio camiño e andar oitocentos metros até acadar o mosteiro.
Distancias
editar- San Adrián - Zalduondo: 8–9 km
- Zalduondo - Ordoñana: 3 km
- Ordoñana - Agurain: 3 km
- Agurain - Gazeo: 4 km
- Gazeo - Ezkerekotza: 3 km
- Ezkerekotza - Nsa. Sra. Ayala (Alegria - Dulantzi): 5–6 km
- Ntra. Sra. Ayala (Alegria - Dulantzi) - Elburgo: 3–4 km
- Elburgo - Estíbaliz: 2–3 km