Coordenadas: 42°05′50.8″N 08°27′13.9″O / 42.097444, -8.453861

PLISAN (siglas de Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra - As Neves), tamén chamado Porto Seco é unha zona industrial e loxística galega, a maior da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Sitúase entre os concellos de Salvaterra de Miño e As Neves, actualmente atópase en construción e os promotores desta zona industrial son a Xunta, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

HistoriaEditar

O seus trámites comezaron en 2001 con -inicialmente- 4.000.000 de metros cadrados de superficie que logo foron reducidos a 3.091.000. Logo de máis de 106 millóns de euros gastados (dos que 40 foron destinados a expropiacións), na actualidade apenas se teñen urbanizados 950.000, os situados máis ao sur.[1]

Xa en 2005 o daquela presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, ratificaba publicamente a inminente construción da PLISAN perante as dúbidas xurdidas entre o empresariado vigués[2]. O seu sucesor no goberno galego, Emilio Pérez Touriño, sería quen colocaría a primeira pedra ese mesmo ano[3] e a mediados de 2007 anunciaba o remate das obras para o verán de 2008.[4] A piques de rematar o seu primeiro e único mandato, en 2009, Touriño anunciaba a urbanización e a instalación de empresas para ese ano[5].

A mediados de 2015 a Xunta de Galicia ordenou a suspensión parcial das obras[6], con todo, en outono puideron comezar as obras de urbanización dos sistemas xerais.[7] En febreiro de 2017 anunciábase que os primeiros 100.000 m2 haberían de se comercializar a 50 €/m2[8]. Porén, en abril de ese mesmo ano, volveríanse suspender as obras de urbanización após a baixa temeraria na adxudicación do contrato[3].

AccesosEditar

FerrocarrilEditar

Estradas e autoestradasEditar

Patrimonio culturalEditar

Durante as obras de construción foron localizados varios fornos romanos en moi bo estado de conservación, de grande tamaño e de grande importancia relativa pola escaseza deste tipo de restos en Galicia[9].

NotasEditar

  1. "Plataforma Logística de Salvaterra-As Neves, PLISAN". www.ingestin.com (en castelán). Consultado o 2017-05-01. 
  2. "Fraga garantiza que la plataforma logística de Salvaterra «se va a hacer»". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-02-24. Consultado o 2017-05-01. 
  3. 3,0 3,1 Carlos Ponce (2017-04-20). "Las obras del puerto seco se suspenden tras la baja temeraria en la adjudicación". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-01. 
  4. Europa Press (2007-06-29). "Touriño confía en que las obras de la Plataforma Logística de Salvaterra-As Neves estén conluidas el próximo verano". europapress.es (en castelán). Consultado o 2017-05-01. 
  5. Atlántico. "Touriño anuncia la urbanización de la Plisan y la instalación de las primeras empresas este año". Atlántico (en castelán). Consultado o 2017-05-01. 
  6. Luis Carlos Llera (2015-06-12). "La Xunta paraliza las obras de la plataforma logística de Salvaterra". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-01. 
  7. Montes, Paula (2015-10-21). "La Plataforma Logística de Salvaterra-As Neves, la PLISAN, echa a andar". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2017-05-01. 
  8. "Os primeiros 100.000 metros cadrados da Plisan ofertaranse a 50 euros o metro cadrado". Economía en Galicia. Consultado o 2017-05-01. 
  9. Pontevedra, S. R. (2008-09-17). "Hallan cuatro hornos romanos en las obras del Puerto Seco de Vigo". El País (en castelán). Consultado o 2018-11-30. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.