Galicia (Buenos Aires)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia (homónimos).
Galicia é unha revista que comezou a editarse en Buenos Aires en 1913.

Historia e características editar
O 1 de xaneiro de 1913 o Centro Gallego de Buenos Aires comezou a editar o Boletín Oficial del Centro Gallego, que despois cambiou o seu nome por Galicia co subtítulo Revista del Centro Gallego de Buenos Aires. Era o órgano de comunicación do Centro. Foi dirixida por José Blanco Amor, Miguel Revestido Rodilla, Eduardo Blanco Amor, Luís Seoane, Alfredo Baltar e Rodolfo Alonso. Entre os seus colaboradores figuraron Castelao, Blanco Amor, Manuel Murguía, Ramón Otero Pedrayo, Arturo Cuadrado, Luís Seoane, Laxeiro e Francisco Fernández del Riego.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Consello da Cultura Galega, ed. Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela. pp. 125–126. ISBN 84-87172-30-X.
Ligazóns externas editar
- Revista Arquivado 24 de agosto de 2015 en Wayback Machine.
- Ficha e sumarios na Hemeroteca da Deputación de Pontevedra