Xosé Durán
Xosé Manuel Rodríguez Durán, nado en Cuntis en 1957, é un escritor e xornalista galego.
Xosé Durán | |
---|---|
Nacemento | 1957 |
Cuntis | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Ciencias Químicas e Xornalismo,[1] a maior parte da súa actividade profesional está vinculada aos mundos da radio e da televisión, nos que se dedicou á información deportiva e á información xeral: Radio Pontevedra, Radio Noroeste, Faro de Vigo-Pontevedra. En 1985 comezou o seu traballo na Televisión de Galicia,[2] onde foi director de telexornais e de programas como O semanal e Reporteiros, ademais de encargarse de diversos informativos especiais: CienciaNosa, Vivir Aquí ou Vivir o Mar. Foi tamén xefe de deportes e redactor-xefe dos Servizos Informativos da TVG. Colaborou en varias revistas literarias.[3] Foi autor do primeiro audiolibro galego situado nunha tenda virtual (iTunes), para descargas por ordenador.[4]
ObraEditar
NarrativaEditar
- O asasino invisible (1998). Galaxia, Costa Oeste. 160 páxs. ISBN 978-84-8288-223-9. 10 relatos de ciencia ficción.
- A raíña galega (2020). Xerais, Fóra de Xogo. 144 páxs. ISBN 978-84-9121-729-9. Novela.
TeatroEditar
- A lección máis solidaria (2004). Ed. Fervenza, A Pinguela, nº 17. 16 páxs. ISBN 9788496368026.
EnsaioEditar
- Roberto Blanco Torres, xornalista e poeta (1999). Galaxia. 112 páxs. ISBN 9788482882536.
- A televisión, as novas tecnoloxías e a conduta dos nenos (2004). Laiovento. 52 páxs. ISBN 9788484870487.
NotasEditar
- ↑ "Xosé Durán". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Galicia está en Polonia? CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "A PINGUELA Nº 17: A LECCION MAIS SOLIDARIA. XOSE DURAN". casadellibro. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-10-15.