Abrir o menú principal

Manuel Regueiro Tenreiro

escritor e político galego

Manuel Regueiro Tenreiro, nado en Perbes (Miño) o 10 de maio de 1943 e finado o 30 de maio de 2019, foi un profesor, escritor e político galego.

Manuel Regueiro Tenreiro
Nacemento10 de maio de 1943
 Miño
Falecemento30 de maio de 2019
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudou o ensino secundario en Santiago de Compostela. Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca, doutorouse en Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Foi profesor en Soria, Salamanca, Lugo, Ferrol, Vilalba (instituto do que foi director) e novamente en Lugo. Foi subdirector xeral de Inspección e Reforma Educativa (1988-1989) e director xeral de Política Lingüística (1989-2000). Foi director do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Colaborou na publicación dos primeiros libros de texto en lingua galega: Introducción á Filosofía (Galaxia, 1979) e Historia da Filosofía (Galaxia, 1980). Foi fundador e membro do consello asesor da Revista Galega de Ensino.


Predecesor:
Adolfo de Abel Vilela
  
Director xeral de Política Lingüística
 
1989 - 2000
Sucesor:
Xesús Pablo González Moreiras

ObrasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar