Galicia Industrial y Comercial
Galicia Industrial y Comercial foi unha revista editada na Coruña entre 1926 e 1936.
Historia e características editar
Subtitulada Revista mensual ilustrada, apareceu en abril de 1926. Fundada por Ernesto de Cádiz Vargas, constaba de 36 páxinas e tiraba 1.000 exemplares. Foron os seus directores Ramón del Cueto Noval, Leopoldo Hernández Robredo e Joaquín Martín Martínez. Comprometida coa modernización de Galicia e centrada no eido económico, abarcou temas de industria, navegación, comercio, agricultura, finanzas, actualidades, artes e ciencias. Das ilustracións foron autores Torrado, Sobrino, Castelao, Cebreiro e Camilo Díaz. A partir de 1931 incluíu de traballos literarios de Otero Pedrayo, Manuel Abelenda, Carlos Martínez-Barbeito e Roberto Blanco Torres. Desapareceu en xuño de 1936, o seu último director, Joaquín Martín, foi fusilado.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.