Nerio (revista)
Nerio foi unha revista quincenal editada en Corcubión entre 1920 e 1921.
Nerio | |
---|---|
País | España |
Fundación | 1920 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e característicasEditar
Subtitulada Revista quincenal independente. Órgano defensor de los intereses de la comarca de Corcubión, apareceu o 1 de xullo de 1920. Posteriormente, na campaña pro-ferrocarril A Coruña-Carballo-Corcubión cambiou o seu subtítulo por Órgano de defensa. Corcubión-Muros, converténdose nunha publicación comarcal. Promovida por José Miñones Bernárdez, estaba dirixida por Segundo Rey Fernández. Entre os seus colaboradores figurou Roberto Blanco Torres. Tiña correspondentes en toda a comarca, Arxentina e Cuba. Incluíu actualidade comarcal, agrícola, marítima, traballos históricos e literatura. Cesou a súa publicación co número 17 en setembro de 1921. Recibe o seu nome da tribo dos nerios, que poboaban a zona antigamente.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Lamela, Luís (1991). Do Castro, ed. Pepe Miñones. Un crimen en la leyenda (1900-1936). Sada. ISBN 84-7492-538-X.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada