Salvador Mosteiro Pena

odontólogo e lexicógrafo galego

Salvador Mosteiro Pena, nado en Betanzos o 24 de febreiro de 1896 e finado na Coruña o 11 de maio de 1982, foi un médico e lexicógrafo galego.

Infotaula de personaSalvador Mosteiro Pena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1896 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de maio de 1982 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónodontólogo , lexicógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar
 
Homenaxe a Otero Pedrayo polo seu ingreso na RAG en 1929. De pé: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Sentados: Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Otero Pedrayo, Risco, Ángel del Castillo e Rafael González Villar.

Estudou medicina e odontoloxía en Santiago de Compostela e Madrid. Ampliou estudos en París en 1923. Regresou a Galicia e exerceu a odontoloxía en Lugo e na Coruña.

Formou parte da Irmandade da Fala de Betanzos e, posteriormente, presidiu a da Coruña. Como membro da Irmandade de Betanzos participou na Asemblea Nazonalista de Lugo (1918). Nos anos vinte fundou en Madrid a Mocedade Céltiga con Fermín Penzol. Foi o primeiro director da revista Rexurdimento (1922-1923) e tamén dirixiu A Nosa Terra, ademais de colaborar na revista Alborada de Buenos Aires (1930). Preocupado pola normalización do galego, que consideraba debía achegarse ao portugués, formou parte do comité executivo que organizou a primeira Festa da lingua galega que tivo lugar o 25 de xullo de 1930.

  1. O Vocabulario das Irmandades da Fala, publicado no Portaldaspalabras.gal o 5 de maio de 2016; inclúe documento PDF co vocabulario dixitalizado.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar