Rexurdimento (revista)

Edición de Rexurdimento do 1 de agosto de 1922. Exposición do Museo das Mariñas, Betanzos.

Rexurdimento foi unha revista editada en Betanzos entre 1922 e 1923.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Boletín quincenal. Órgao dos intereses mariñáns, apareceu o 1 de agosto de 1922. Estaba dirixida por Salvador Mosteiro Pena e relacionada coa Irmandade Nazonalista Galega. Incluíu temas sociopolíticos, crítica literaria e unha sección de noticias de Portugal e Irlanda. Tamén aparecían recensións e colaboracións literarias de nacionalistas betanceiros. A revista expón as ideas reintegracionistas de Mosteiro. Interrompeu a edición o 16 de outubro de 1922 polo traslado do seu director a Madrid, e reapareceu en xaneiro de 1923 como órgano oficial da Irmandade Nazonalista Galega (cambiou o subtitulo a Ógao da I.N.G.) controlada por Vicente Risco desde Ourense. Entre os seu colaboradores figuraron José Veiga Roel, Luís Cortiñas Díaz, Tomás López da Torre, M. F. Barreiro, Carlos Peña, Manoel Roel, Ramón Cabanillas, Antón Villar Ponte, Leandro Carré, Víctor Casas e Xaime Quintanilla. Cesou a súa publicación en xullo de 1923.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externasEditar