Gaceta de Galicia (Vigo)
Este artigo trata sobre a Gaceta de Galicia de Vigo. Para a publicación homónima santiaguesa véxase: Gaceta de Galicia.
Gaceta de Galicia foi unha revista, de carácter bilingüe,[1] editada en Vigo en 1929.
Historia e característicasEditar
Subtitulada Letras, artes, industrias, actualidades, etc, apareceu o 4 de agosto de 1929. Fundada por Eugenio de Olano, estaba dirixida por José Luís Viñas Castro.[1] Revista quincenal con moita información gráfica, no seu primeiro número formula os obxectivos de achegar a Galicia as novas correntes de pensamento que se daban en Europa e América. Entre os seus colaboradores figuraron Roberto Blanco Torres, Ramón Otero Pedrayo, Eugenio Montes, Evaristo Correa Calderón, Álvaro das Casas, Florentino López Cuevillas, Cándido Fernández Mazas, Carlos Maside e Ksado.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Gaceta de Galicia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Do Castro. p. 590. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega II. Editorial Galaxia. p. 203-204. ISBN 84-8288-137-X.