Voz del Pueblo (Santiago de Compostela)

Voz del Pueblo foi un periódico semanal editado en Santiago de Compostela entre 1913 e 1916.

Voz del Pueblo
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario independiente, aparece o 4 de agosto de 1913. Dirixido por Álvaro Rey Feijóo e despois por Antonio de la Cruz Díaz ata o 9 de novembro de 1914 en que foi substituído por Ramón Rivera Torres,[1] na súa redacción inicial estaba Manuel María González López e entre os seus colaboradores Juan Montes. De tendencia maurista independente e antilerrouxista, incluíu colaboracións literarias de poetas galegos. Cesou o 27 de xaneiro de 1916 (co número 137) refundido con Gaceta de Galicia.

Notas editar

  1. Palomares Ibáñez, Jesús María (1983). Universidad de Valladolid, ed. "Prensa y política en Galicia: la prensa periódica compostelana (1875-1936)". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (4): 391–430. Consultado o 15 de xullo de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar